O día 1 de abril celébrase o día da artes galegas que este ano se adica á figura do trovador Martín Codax con especial énfase nas cantigas e en concreto no Pergamino Vindel.
Por iso no Frian non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer mención a este artista que tan en conta tivo sempre a nosa cidade nos seus poemas e cantigas.Elaboramos as diferentes cantigas do Pergamino e fixemos unha representación de Martín Codax coa axuda do Equipo de Proxects do cole.
O día 31 de marzo festexamos no cole tan celebración con diferentes actos.
Por un lado visitounos no centro o grupo tradicional "Catro gatos de Bembrive" que nos visitaron con algúns intrumentos tradicionais galegos.
Tamén foi un día para representar e facer unha homenaxe a todos aqueles alumnos e alumnas do noso centro que fan da música unha forma de diversión e ocio pero tamén de disfrute. Así que os alumnos que tocaban algún instrumento quixeron mostrarllo aos demais compañeiros e compañeiras do cole: pandeiretas, saxofón, guitarra, trompeta , flauta, violín...
Para rematar o día todos o alumnado representaron unha danza tradicional chamada " Danza do Oso" que foi preparada polas mestras de Educación Física coa axuda da mestra de Música do cole.
Un día cheo de experiencias e onde a música galega foi a protagonista!!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario