Hoxe día 15 de marzo festexamos o Día do Consumidor, un día que se ben está presente todos os días , cada vez cobra maior importancia nos nosos fogares e na escola.
Este ano o alumnado de 3º A e os mais cativos de infantil de 3 anos quixeron facer unha especial mención a esta celebración coa grabación dun programa de radio onde nos explican cales son os nosos dereitos e deberes como consumidor , así como ideas para poder levar a cabo un consumo responsable.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario