domingo, 13 de marzo de 2022

LECTURA Y FAMILIAS : COMEZAMOS

 Xa son moitas as familias que están a recibir na casa os seus carnés como membros da nosa rede "Lectura e familias".  

Isto vos vai permitir acceder a todos os fondos bibliográficos , xogos e obradoiros dos que contamos na nosa biblioteca.

Aquí ademais os deixamos este documento, que iremos actualizando pouco a pouco con diferentes ideas e aportacións, e que ten información importante que vos pode ser de utilidade.  

Debedes ter en conta que vós tamén podedes aportar recursos e compartir entre todos. O importante é que formemos un grupo para axudar aos nosos cativos entre todos e todas!!!

 Ademais do blogue da biblioteca, non vos esquezades de unirvos ao foro de familias a través dunha conta de gmail e aceptando a invitación ao foro. A participación neste foro é fundamental para estar conectado e enterarnos das diferentes propostas así como confirmar asistencia a algunhas delas ou aclarar dúbidas ou realizar novas propostas que nos axuden a todos!!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario