miércoles, 8 de diciembre de 2021

" GANMIFICANDO COA SEÑORITA BUBBLE" : LEDICIA COSTAS

 O pasado venres 3 de decembro contamos no noso cole coa escritora  e madriña da nosa biblioteca " Ledicia Costas". A través do programa da Xunta " Ganmificando coa Señorita Bubble", o alumnado d 5º e 6º de Primaria gozou da lectura dos contos de esta incrible personaxe. 

O alumnado preparou con moito esmero e inquietude a visita de Ledicia. Fixeron selección das  súas mellores obras e fixeron un mural conmemorativo entre todos os voluntarios da biblioteca.

A escritora sempre é moi ben recibida no Frian , pero é que non pode ser doutro xeito. A súa cercanía cos rapaces, a súa esponteneidade e humildade fan que sempre tela no Frian sexa un pracer.

GRAZAS POLA VISITA LEDICIA, GRAZAS POR CONTAR CON NÓS E ATA A PRÓXIMA!!!!










No hay comentarios.:

Publicar un comentario