domingo, 21 de noviembre de 2021

VENRES DE VIVA VOZ 6ºA " O MÉTODO CIENTÍFICO"

Xa está aquí a sección que máis nos gusta do cole " Os venres de viva voz" . Unha actividade onde o noso alumnado elabora contidos de todo tipo relacionados co Pdi anual do centro. Neste curso a temática é a ciencia,así que nos espera un curso cargado de noticias máis que interesantes e innovadoras.

A través desta actividade o noso alumnado prepara , elabora, organiza e expresa os seus coñecementos. Todos estos pasos son necesarios o mesmo que o método cientifico tan importante na ciencia.

Precisamente o alumnado de 6ºA adica o seu Venres de Viva Voz para explicarnos con gran detalle e precisión o que é o método cientifico, cales son os seus pasos e o que significa na súa totalidade.
Non volo podedes perder! Unha verdadeira marabilla !!!

 Noraboa rapaces e rapazas!!!!
 

No hay comentarios.:

Publicar un comentario