Polo Día do Libro o alumnado de 4ºB levaron a cabo o apadriñamento lector aos seus afillados coa lectura do conto "Lumba, o crocodilo que alcanzou o seu soño" da autora María Beuster Pérez.
Se queredes descubrir como se logran os soños, podedes adentrarvos nesta historia de superación ,que mestura a paixón pola música do seu protagonista.
Lumba, con valores tan importantes na vida como a amizade, valentía, axuda, exforzo , constancia , traballo en equipo.... Deíxate atrapar polo espíritu de Lumba e dos seus amigos para conseguir a enerxía necesaria para afrontar todos os obstáculos para alcanzar os seus soños.
Contactaron coa autora e participaron no seu sorteo. Uxía , alumna de 4ºB , saíu premiada e recibiu como agasallo un exemplar firmado. Que ilusión!!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario