martes, 20 de octubre de 2020

ATA SEMPRE QUINO, ATA SEMPRE MAFALDA!!!

 Fai unhas semanas Quino o ilustrador e creador da mítica Mafalda , deixounos.. Pero non antes sen deixar unha pegada imborrable na historia. 

No Frian non queríamos deixar pasar a oportunidade de facer unha pequena homenaxe. Elaboramos un boceto dun mural e formamos un gran quebracabezas  relacionándoo co noso PDI, onde cada un escolleu a técnica plástica que mais lle gustou para confeccionalo.

Ademais Mafalda é ben coñecida polas súas frases irónicas e tamén positivas. Neste momento de Pandemia o positivismo é sen dúbida o que máis necesitamos. Así que cada aula representamos unha frase esperenzadora de Mafalda e a plasmamos todas xuntas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo dos nosos alumnxs e do resultado final da obra.

ATA SEMPRE QUINO, ATA SEMPRE MAFALDA!!!






No hay comentarios.:

Publicar un comentario