domingo, 25 de enero de 2026

UN PROXECTO SOLIDARIO COA ONG "DA MAN"



O ano 2026 está dedicado ao voluntariado para o desenvolvemento sostible e o noso PDI deste curso: "Sementamos e recollemos vínculos", ten moita relación coa temática do voluntariado.
 
Desde a escola parécenos importante traballar e concienciar ao noso alumnado sobre a importancia do labor dos  voluntarios e voluntarias como axentes de
cambio social e medioambiental.

Na escola temos a sorte de contar con familias voluntarias en diferentes proxectos e fixemos unha colaboración coa ONG "Da man". Verónica Abal, una nai de unha alumna e un alumno do centro, forma parte da directiva desta entidade. Colaboran de maneira voluntaria en labores médico-sanitarias  en Senegal, país ao que viaxa cada ano para participar en proxectos de colaboración internacional.

A nosa pequena achega a esta ONG consistiu en pintar mochilas para regalar aos nenos e nenas de Senegal.

A proposta foi pintar cinco ou seis mochilas por aula, de xeito cooperativo, facendo o alumnado os bosquexos e decidindo en cada equipo o seu propio proxecto. A única consigna a seguir foi que a idea tiña que  plasmar algo que simbolice a unión entre Galicia e Senegal.










O resultado foi espectacular como podedes comprobar no seguinte vídeo:



Entregamos a Verónica as mochilas rematadas, porque viaxa a finais de xaneiro a Senegal.
Esperemos que lles gusten as nosas mochilas aos nenos e nenas de Senegal!!

Moitas grazas pola vosa colaboración e esperamos sementar moita solidariedade no noso cole!

Grazas Verónica por facer realidade o noso proxecto de solidariedade!!

sábado, 24 de enero de 2026

ESCOLMAS DE FONDOS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA NO VIOLENCIA

 


No corredor de primaria xa temos unha escolma de fondos bibliográficos que invitan ao alumnado a escoller lecturas, para a hora de ler, que fomentan a procura da paz e da convivencia pacífica entre todos e todas.















FELIZ DÍA DA PAZ!!

jueves, 22 de enero de 2026

PATIOS DINÁMICOS

 En Frian damos moita importancia ao xogo e pensamos que o eido fundamental do desenvolvemento do noso alumnado. Por iso a organización dos períodos de lecer se fai de maneira estruturada e sistemática.

A continuación incluímos o horario da distribución dos períodos de recreo así como unha listaxe de xogos populares que nos sirvan de guía.


viernes, 16 de enero de 2026

RECOMENDACIÓNS DO ALUMNADO DE 1ºB

O alumnado de 1ºB recomenda as súas lecturas favoritas:



        BO TRABALLO 1ºB!

ENQUISAS PLEA " PROGRAMA DE LECTURA, ESCRITURA E ACCESO A INFORMACIÓN"


Ao longo deste curso iniciaremos modificacións para a mellora dos programas de lectura e escritura que se implantan no centro co fin de dotar ao noso alumnado de mellores estratexias e crear un modelo común, unificado  e progresivo para todas as etapas educativas.

Para iso necesitamos primeiro levar a cabo unha contextualización do noso centro e do alumnado e as familias que forman parte da nosa comunidade educativa.

Por iso pedimos a vosa colaboración para que dediquedes uns minutos a cubrir a seguinte enquisa. Lembrade que é anónima polo tanto o importante é a veracidade das respostas.


ENQUISA FAMILIAS 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdSg29Uio7zt4J-z5ZwwPOAqGcq1pJFiX9QwLlDxBvpVmR40g/viewform?usp=dialog 


ENQUISA PROFESORADO

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfM6CLhmHN3bG_ahZacxF6KiaKMYLtIf5FHZpy-J0rg0RqOeQ/viewform?usp=dialog


ENQUISA ALUMNADO

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScxSXRnuS8vn0TBSdQPlEANIpXrio_pmWGraJE0qreIPhEaOQ/viewform?usp=publish-editor


martes, 13 de enero de 2026

1º OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS: "DA MAN" CON VERÓNICA ABAL LORENZO


Comezamos os obradoiros de Lectura e familias cunha colaboración moi especial:


O ano 2026 está dedicado ao voluntariado para o desenvolvemento
sostible. Desde a escola parécenos importante traballar e concienciar sobre a importancia do labor dos voluntarios e voluntarias como axentes de
cambio social e medioambiental.

Na escola temos a sorte de contar con familias voluntarias en diferentes proxectos. Hoxe contamos coa  colaboración de Verónica Abal Lorenzo, voluntaria da ONG Da man e nai de alumnos do cole.
 Esta entidade colabora en labores médico-sanitarias en Senegal.
Verónica explicounos como funciona esta ONG e como son as súas viaxes a Senegal:


Rematamos o obradoiro pintando mochilas para os nenos e nenas de Senegal que vai levar Verónica, na súa próxima viaxe.
Quedaron preciosas!!


Grazas Verónica por compartir coas familias a túa experiencia, compromiso e vocación solidaria!

jueves, 8 de enero de 2026

CHALLENGE XANEIRO

Botemos sementes!

Agora que temos a nosa horta lista para traballar temos que pensar que verduras queremos ter nela. E botalas!


Temos que pensar na cantidade de auga que van necesitar e as temperaturas que teremos neste mes!
Non podemos plantar verduras de inverno en verán! Nin poñer plantas que necesiten pouca auga nunha rexión que choiva moito...


En relación a isto, vai a seguinte pregunta:

  • EN QUE COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ESPAÑA SE CULTIVA A OLIVEIRA PARA FACER ACEITE DE OLIVA?

*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!

ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!