domingo, 25 de enero de 2026

UN PROXECTO SOLIDARIO COA ONG "DA MAN"



O ano 2026 está dedicado ao voluntariado para o desenvolvemento sostible e o noso PDI deste curso: "Sementamos e recollemos vínculos", ten moita relación coa temática do voluntariado.
 
Desde a escola parécenos importante traballar e concienciar ao noso alumnado sobre a importancia do labor dos  voluntarios e voluntarias como axentes de
cambio social e medioambiental.

Na escola temos a sorte de contar con familias voluntarias en diferentes proxectos e fixemos unha colaboración coa ONG "Da man". Verónica Abal, una nai de unha alumna e un alumno do centro, forma parte da directiva desta entidade. Colaboran de maneira voluntaria en labores médico-sanitarias  en Senegal, país ao que viaxa cada ano para participar en proxectos de colaboración internacional.

A nosa pequena achega a esta ONG consistiu en pintar mochilas para regalar aos nenos e nenas de Senegal.

A proposta foi pintar cinco ou seis mochilas por aula, de xeito cooperativo, facendo o alumnado os bosquexos e decidindo en cada equipo o seu propio proxecto. A única consigna a seguir foi que a idea tiña que  plasmar algo que simbolice a unión entre Galicia e Senegal.










O resultado foi espectacular como podedes comprobar no seguinte vídeo:



Entregamos a Verónica as mochilas rematadas, porque viaxa a finais de xaneiro a Senegal.
Esperemos que lles gusten as nosas mochilas aos nenos e nenas de Senegal!!

Moitas grazas pola vosa colaboración e esperamos sementar moita solidariedade no noso cole!

Grazas Verónica por facer realidade o noso proxecto de solidariedade!!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario