lunes, 11 de noviembre de 2024

CHALLENGE FRIAN NOVEMBRO

 

Como non podía ser doutro xeito, comezamos a nosa viaxe na nosa cidade: Vigo.
A ría de Vigo atópase no océano Atlántico; o segundo océano máis grande da Terra. Impulsa os nosos patróns meteorolóxicos, incluídos os furacáns, e alberga moitas especies, desde tartarugas mariñas ata golfiños.
Facemos dúas preguntas:
1- Que recoñeces na imaxe?
2- Cóntanos unha curiosidade sobre o océano Atlántico.

*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa de correos da biblioteca!!

ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!



jueves, 7 de noviembre de 2024

RECUNCHO DO CONCURSO FRIAN CHALLENGE!

 Na biblioteca habilitamos un recuncho cunha caixa de correos  para recoller todas as respostas mensuais do alumnado participante no concurso Frian Challenge. 


Animádevos a participar!

miércoles, 6 de noviembre de 2024

COMEZAN OS CONTACONTOS DO VOLUNTARIADO LECTOR

Os mércores len os voluntarios!

Hoxe é mércores e o voluntariado lector comezou a ler a todas as clases do cole. Organizados por parellas, prepararon as súas lecturas e moi ilusionados iniciaron os contacontos. Hoxe comeza a súa andaina e se estenderá ao longo de todo o curso.

                                     Así resultou a xornada:                             

martes, 5 de noviembre de 2024

NOVO CONCURSO: CHALLENGE FRIAN

Ola rapazas e rapaces do Frian:
Comeza un novo curso na nosa biblioteca e con el unha nova aventura e un novo concurso de preguntas. Este ano trátase dunha viaxe virtual na que aprenderemos unha morea de cousas relacionadas cos océanos e mares da terra.
A primeira grande expedición oceanográfica dedicada ao estudo científico dos océanos foi, sen dúbida, a realizada polo buque HMS Challenger entre 1872 e 1876.
Foi organizada especificamente para recoller datos sobre unha ampla gama de características do océano, incluíndo temperaturas do océano, química da auga mariña, correntes, vida mariña e xeoloxía do fondo mariño.

Propoñémosvos realizar a nosa propia expedición “Frian Challenge” para entre todas e todos ir descubrindo curiosidades sobre os océanos e mares do noso planeta.

As instrucións do xogo serán:

1. Cada mes, no blog https://ossonhosdefriancinho.blogspot.com/ atoparedes unhas preguntas sobre as cales deberedes investigar para acadar a resposta correcta.

2. Cando teñades as respostas poderedes envíalas de dúas formas:

• Facendo un comentario na entrada do blog da biblioteca.

• Depositando as vosas repostas por escrito na caixa de correos que atoparedes no recuncho do concurso na biblioteca. Neste caso, non esquezades indicar o voso nome e curso na vosa resposta.



Se queredes acadar o voso premio non vos esquezades de participar!

lunes, 4 de noviembre de 2024

ESTREAMOS RECUNCHO DAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Na biblioteca reservamos un recuncho para expoñer as recomendacións lectoras que realiza o alumnado. Deste xeito todos os usuarios e usuarias podemos informarnos da opinión dos nosos compañeiros e compañeiras sobre as distintas lecturas.

Expoñemos no taboleiro as recomendacións de cada grupo cada quince días. Despois son gardadas no arquivador de recomendacións, que está exposto neste recuncho, para ser consultado polo alumnado antes de facer o empréstito semanal. 

Deste xeito, sempre están dispoñibles as opinións lectoras dos demais para axudarnos a elixir as nosas lecturas.

 



                    Bótalle un ollo as recomendacións!! 

EXPERIMENTAMOS DURANTE O MES DA CIENCIA


A escolma de fondos bibliográficos para poder investigar e levar a cabo diferentes experimentos para axudar ao alumnado na procura de información e descubrimento de fenómenos naturais e físicos.







FORMACIÓN DE USUARIOS

 Arrancamos a formación de usuarios do presente curso visualizando un vídeo elaborado polo voluntariado da biblioteca escolar, onde explican a organización da nosa biblioteca segundo a CDU (Clasificación Decimal Universal).


Bo traballo nenas e nenos do voluntariado!!

Dedicaremos os meses de novembro e decembro a realizar a formación de usuarios tanto para o alumnado como para o profesorado. Despois de visualizar o vídeo realizamos actividades variadas para reforzar estas aprendizaxes.






Grazas usuarios e usuarias da biblioteca polo voso traballo!