sábado, 24 de octubre de 2020

Mochilas viaxeiras: " Comezamos unha nova viaxe"

 

Coa celebración do día das Bibliotecas escolares damos comezo tamén a viaxe das "Mochilas viaxeiras".Con este curso tan atípico e cheo de medos e incertidumes non queríamos deixar pasar a oportunidade de gozar con este recurso que comparten tanto alumnxs como familias. Por iso da comezo esta nova viaxe con mais ilusión que nunca, con novas medidas de hixiene e seguridade pero con toda a tranquilidade e ilusión de sempre. A disfrutar desta nova viaxe coa lectura!!!






Lendo baixo a mesma estrela: 24 de outubro de 2020

 Outro venres mais continuamos coa actividade "Lendo baixo a mesma estrela"
Aínda que o sol non nos quixo acompañar, aproveitamos as gradas do patio cuberto para facer contacontos o aire libre. A lectura nos encanta e se é o aire libre aínda mais. Ademais este venres coincidiu co día das Bibliotecas Escolares e que mellor razón que festexalo lendo un conto!!!

O conto escollido para tal ocasión foi " As pirañas non comen bananas".Un conto moi divertido e co que non paramos de rir.




jueves, 22 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES : 24 DE OUTUBRO

 Este venres conmemoramos no cole o día das Bibliotecas escolares. Este curso unha celebración atípica pero que non queremos deixar de festexar pola importancia que ten para nós.


Aquí vos deixamos este documento con actividades e moitas sorpresas para festexar este gran día!!! Feliz día das Bibliotecas Frianciños!!


martes, 20 de octubre de 2020

ATA SEMPRE QUINO, ATA SEMPRE MAFALDA!!!

 Fai unhas semanas Quino o ilustrador e creador da mítica Mafalda , deixounos.. Pero non antes sen deixar unha pegada imborrable na historia. 

No Frian non queríamos deixar pasar a oportunidade de facer unha pequena homenaxe. Elaboramos un boceto dun mural e formamos un gran quebracabezas  relacionándoo co noso PDI, onde cada un escolleu a técnica plástica que mais lle gustou para confeccionalo.

Ademais Mafalda é ben coñecida polas súas frases irónicas e tamén positivas. Neste momento de Pandemia o positivismo é sen dúbida o que máis necesitamos. Así que cada aula representamos unha frase esperenzadora de Mafalda e a plasmamos todas xuntas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo dos nosos alumnxs e do resultado final da obra.

ATA SEMPRE QUINO, ATA SEMPRE MAFALDA!!!






martes, 13 de octubre de 2020

COMEZAMOS A FORMACIÓN DE USUARIOS NO FRIAN

 O Equipo de Biblioteca do CEIP FRIAN TEIS, elaborou un documento  Genially con actividades, recursos e  información básica para coñecer e formarnos na utilización da biblioteca escolar. 
    Non se trata dun documento pechado , senón que se irá actualizando , modificando e ampliando.



LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA ,COMEZAMOS DE NOVO

Cómo nos gustan as lecturas o aire libre, e agora aínda mais. Comezamos de novo a iniciativa " Lendo baixo a mesma estrela".Os venres a primeira hora , sempre que o tempo o permita, gozaremos da lectura todos baixo a estrela mais brillante que coñecemos.Nesta ocasión tocoulle a quenda a algunhas das aulas da Etapa de Educación Infantil .