lunes, 11 de mayo de 2026

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: BEGOÑA CAAMAÑO

 Rematamos a Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas realizando, as profes do Equipo de Biblioteca, unha obra de teatro sobre a figura de Begoña Caamaño, escritora e xornalista homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

A obra está basada no libro de Eva Mejuto "Os fíos de Begoña", realizando unha adaptación teatralizada para dar a coñecer ao noso alumnado, a vida  desta muller e a súa importancia no mundo literario e xornalístico.

Preme no enlace para ver a obra de teatro das profes da biblio sobre Begoña Caamaño:

https://drive.google.com/file/d/1pkFOTSQH9_HoOMJbamYjF7WTQoBhPDC0/view?usp=sharing

No hay comentarios.:

Publicar un comentario