Continuamos coas actividades da Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas. Hoxe o alumnado de primeiro e segundo tiveron a sorte de contar coa visita ao cole de David Rodríguez. David ademais de escritor e ilustrador, é un contacontos xenial.
Primeiro contou a historia de Analfabeta de Érica Esmorís.
Analfabeta, é un libro que axuda a reflexionar sobre a importancia de saber ler e escribir, ensínanos a respectar os ritmos dos demais sen xulgar, a valorar as habilidades dos outros e a non renunciar aos soños cando atopamos obstáculos.


No hay comentarios.:
Publicar un comentario