Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Todas as aulas, nas sesións de Arts, estiveron traballando o tema da paz e decoraron todo o cole con murais.
Festexamos este día tan especial levando a cabo un día de convivencia e solidariedade coa iniciativa solidaria, "Un bocata: una anaco de reforestación", colaborando coa Comunidade de Montes de Teis.
Cada aula encargouse dunha tarefa, desde elaborar os presupostos, calcular as cantidades necesarias de produtos, ir ao supermercado, organizar os espazos para o repartimento ata facer as ventas neste día tan sinalado.
Unha mostra dos momentos máis especiais deste día:
Vendimos os bocatas, por un prezo simbólico, entre o alumnado e o profesorado. Toda a cantidade recadada foi para entregar á Comunidade de Montes de Teis para axudar á conservación e reforestación do Monte da Madroa.
O alumnado entregou o cheque á Comunidade de Montes de Teis.
En maio, participaremos con esta comunidade para axudar á reforestación da Madroa.
Rematamos o día, como non podía ser de outro xeito, cantando entre todos a canción da paz:
Grazas a todos e todas por colaborar, sen vós non sería posible!!