miércoles, 28 de mayo de 2025

CONVIVENCIA EEI RÚA ARAGÓN



Hoxe tivemos unha xuntanza de convivencia a EEI Rúa Aragón co voluntariado de 6º da biblioteca coa seguinte organización:


A xornada resultou moi motivadora e inesquecible. Nos obradoiros de cociña mariños preparamos o almorzo que despois compartimos.
O resultado das receitas foi espectacular como podedes apreciar:


















Despois do almorzo desfrutamos dun tempo de lecer, xogamos nos distintos recunchos no patio:




Continuamos contando o conto de  por que o sol e a lúa viven tan separados:



Rematamos a xornada cunha actividade de relaxación:

Chegado o momento da despedida, agradecemos  a visita da EEI da Rúa Aragón, o seu agarimo, a súa disposición sempre a colaborar con nós e ata houbo bágoas de pena por ter que separarnos. 




Ata sempre EEI Rúa Aragón!!

lunes, 26 de mayo de 2025

CUESTIONARIO PROFESORADO BIBLIOTECA 24-25

Bo dia. Dende a Biblioteca traballamos moi duro durante todo o curso para que a organización e as actividades que se desenvolven nela sexan as idóneas para o beneficio de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias. Agora toca facer avaliación para ver que aspectos débense mellorar. Por iso pedimos a vosa colaboración para cubrir este cuestionario que só os levará uns minutos. Moitas grazas a todos.

CUESTIONARIO ALUMNADO BIBLIOTECA 24-25

Bo día. Dende a Biblioteca traballamos moi duro durante todo o curso para que a organización e as actividades que se desenvolven nela sexan as idóneas para o beneficio de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias. Agora toca facer avaliación para ver que aspectos débense mellorar. Por iso pedimos a vosa colaboración para cubrir este cuestionario que só os levará uns minutos. Moitas grazas a todos e todas.

CUESTIONARIO FAMILIAS: "OBRADOIROS LECTURA E FAMILIAS"

 Para todas aquelas familias que participades nos obradoiros que se levan a cabo os martes pola tarde no programa            "Lectura e familias, pedimos a vosa colaboración para facer unha pequena valoración dos obradoiros que se realizaron durante este curso. Isto nos servirá para ter en conta que aspectos foron beneficiosos e motivadores e cales non, así como valorar e ter en conta outras propostas para o vindeiro curso 2025-2026.

CUESTIONARIO FAMILIAS BIBLIOTECA 24/25

Bo dia. Dende a Biblioteca traballamos moi duro durante todo o curso para que a organización e as actividades que se desenvolven nela sexan as idóneas para o beneficio de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias. Agora toca facer avaliación para ver que aspectos débense mellorar. Por iso pedimos a vosa colaboración para cubrir este cuestionario que só os levará uns minutos. Moitas grazas a todos.

jueves, 22 de mayo de 2025

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA

 O patio estase a encher do alumnado, na hora de ler, que elixe saír a facer as súas lecturas ao exterior. Ler en compañía ao aire libre é unha boa opción neste mes de maio.








miércoles, 21 de mayo de 2025

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA

 O bo tempo invita a saír a facer as nosas lecturas ao patio. Ler en grupo ao aire libre é unha actividade moi motivadora para o alumnado.






sábado, 17 de mayo de 2025

FOLIADA EN FRIAN!


Rematamos a Semana Cultural do Libro e das Letras Galegas, como non podía ser doutro xeito, cunha foliada. Tivemos a sorte de contar coa visita das cantareiras "Augas de Maio", das que forma parte Alba, unha alumna de sexto de primaria. 

Foi unha homenaxe a todas as mulleres que transmitiron a nosa tradición oral a través de xeración en xeración. 

Compartimos un vídeo da súa actuación:


Grazas por estar connosco, por compartir as vosas coplas, pandeiretas e por facernos pasar unha foliada inesquecible.


Grazas Augas de Maio!



Nesta foliada de despedida da Semana Cultural do Libro e das Letras Galegas, ademais das cantareiras Augas de Maio, tamén tivemos a sorte de contar coas nosas propias cantareiras, Candela e Lola, alumnas de terceiro.
 Elas forman parte da nova xeración de mulleres que continuarán coa transmisión da nosa cultura.



Compartimos un vídeo da súa actuación:

Grazas as nosas cantareiras do cole!




Durante a foliada o alumnado estivo acompañando ao grupo das cantareiras coas pandeiretas realizadas, na semana anterior, no obradoiro co ilustrador Federico Fernández. 




Despois da actuación das cantareiras, cada aula recitou a súa copla acompañada co son das súas pandeiretas.
Resultou unha xornada inesquecible!

viernes, 16 de mayo de 2025

AS COPLAS DAS AVOAS CANTAREIRAS

 Durante a celebración da Semana Cultural Do Libro e Das Letras Galegas fixemos unha recompilación, a través da colaboración das familias, das coplas que cantaban as avoas cando eran mozas ou as coplas que lles cantaban a elas.

Enviamos un modelo a cada familia e a participación foi un éxito. Enchemos os corredores do cole con todas as pandeiretas cheas de coplas enviadas polas avoas do alumnado do cole.

Foi unha homenaxe a todas as xeracións de mulleres cantareiras de Galicia.








Grazas avoas!! Sempre nos nosos corazóns!!