Participamos na 14º edición do Día Mundial da Radio da Rede Espora que se celebra o 13 de febreiro de 2025 baixo o lema "A radio e o cambio climático". Deste xeito a nosa radio colabora no mundo das radios escolares, a través da canle Unesco do Día Mundial da Radio.
A proposta deste ano nos sitúa no ano 2075 e dentro das opciones de formatos dos programas a realizar, o alumnado de 3º de EP decantouse por elaborar un microteatro radiofónico co cambio climático como protagonista.
Amosamos unha escolma dos momentos de gravación:
Escoitade con atención esta historia da Terra no ano 2075 cos personaxes do cambio climático, a avoa Socorro, os seus netos Chuvisca e Raio e os robots FrianRCCT2075. Eles si que saben salvar ao noso planeta.
Ademais o alumnado de 5 anos realizou un podcast sobre efemérides sobre o cambio climático retransmitindo dende o futuro. Como será o noso planeta no 2075?
FELIZ DÍA DA RADIO!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario