viernes, 31 de enero de 2025

OBRADOIRO DE RADIO PARA O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

 


Esta semana, o alumnado de 5º de primaria realizou un obradoiro de formación no manexo da radio escolar. Primeiro tiveron unha sesión teórica e despois pasaron a poñer en práctica estes coñecementos.

Elaboraron un guión dun programa de radio por equipos. Gravaron e sentíronse verdadeiros locutores e locutoras. Resultou moi motivador e todo o alumnado quedou con ganas de realizar máis programas de radio.

Deixámosvos un vídeo dos momentos de gravación deste alumnado:




Grazas alumnado de 5º EP!!




jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ: UN BOCATA UN ANACO DE ILUSIÓN

 Hoxe, 30 de xaneiro, festexamos un día moi especial onde todos e todas participamos para levar a cabo un día de convivencia e solidariedade colaborando coa Asociación Vida Digna de Vigo.

Levamos a cabo a iniciativa dun "Bocata solidario". Cada aula encargouse dunha tarefa, desde elaborar os presupostos, calcular as cantidades necesarias de produtos, ir ao supermercado, organizar os espazos para o repartimento ata  facer as ventas neste día tan sinalado.

Vendemos os bocatas por un prezo simbólico entre o alumnado e o profesorado  e toda a cantidade recadada foi para entregar á Asociación Vida Digna.









Foron especiais os bocatas solidarios!



Grazas comunidade educativa de Frian!!

lunes, 27 de enero de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA NO VIOLENCIA E DA PAZ

 






Con esta mensaxe: "Camiñemos xuntos pola paz" invitamos ao alumnado a escoller lecturas, para a hora de ler, que fomenten a procura da paz e da convivencia pacífica entre todos e todas.




viernes, 10 de enero de 2025

CHALLENGE FRIAN XANEIRO

 

FRIAN CHALLENGE XANEIRO

         
 
           

Cando o pingüín emperador se emparellan, desprazándose xuntoss
camiñando cun movemento de bambeo ao longo da colonia.
A femia pon un único ovo e o transfire ao macho, e este o incuba
apoiado sobre as súas patas para impedir que toque o chan
protexéndoo coa súa pelaxe.
Durante este tempo, a femia volve ao mar a alimentarse.
_ En que océano se alimentan o pingüín emperador?
Que nos podes contar deste océano?
_Que fan as crías cando a femia e o macho van xuntos
na procura de alimento?
ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!