Esta semana o voluntariado da nosa biblioteca de 6º de Educación Primaria realizou unha visita a residencia DomusVi de Teis.
Previa
á visita, dende o equipo de Plurilingüe da Escola elaboráronse tarxetas
de felicitación de Nadal para cada un dos residentes de maneira
personalizada; levadas a cabo polo alumnado durante as sesións de Arts.
Ademais preparáronse panxoliñas en diversas linguas, incluída unha en lingua de signos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora é emotiva tanto para os maiores como para o alumnado da nosa escola.
Aquí vos deixamos un vídeo desta xornada!
Grazas DomusVi por recibirnos con tanto agarimo!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario