EXPERIMENTOS MARIÑOS
ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
jueves, 28 de noviembre de 2024
lunes, 25 de noviembre de 2024
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Non nos cansaremos de insistir sobre a importancia de abordar o tema da violencia de xénero para educar na non violencia.
Para tentar poñer fin a esta lacra e lembrar a importancia de convivir de xeito positivo, realizamos as seguintes actividades:
- Un mural colaborativo baixo o lema:
“A violencia de xénero non navega nos nosos mares”.
- Este mural enchémolo de barcos feitos de papiroflexia, un por aula, cun lema para potenciar a loita contra a violencia de xénero.
- Un acto reivindicativo do 25-N.
Para afondar nesta temática e darlle sentido á actividade, todas as aulas realizaron debates e charlas nas que o alumnado participou para facerse consciente da importancia de abordar a violencia de xénero dende unha perspectiva sociocomunitaria, na que todos e todas sexamos axentes activos para tentar prevela, evitala e denunciala no caso de que apareza.
No acto reivindicativo cantamos todos e todas a canción de "Saír correndo " de Amaral. Cada neno e nena portou o seu barco cun lema propio para pedir unha sociedade máis xusta e sen violencia de xénero.
Compartimos un anaco deste acto:
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Aquí vos deixamos a escolma de fondos bibliográficos para fomentar o respecto entre iguais e a eliminación de calquera forma de violencia entre as persoas, independentemente do seu xénero, raza, cultura...
miércoles, 20 de noviembre de 2024
O VOLUNTARIADO LECTOR CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO ACOLLEMENTO FAMILIAR!
Hoxe, día 20 de novembro, conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia e tamén o Día Mundial do Acollemento Familiar. Desde o cole, quixemos facer a nosa achega e unímonos ao día do pixama. Deste xeito, lembramos a todos os nenos, nenas e adolescentes que non poden ser coidados pola súa familia biolóxica. E a alternativa que teñen a esta situación é o acollemento familiar para que poidan crecer cunha familia que os cuide, acompañe e os queira durante o tempo que necesiten.
O voluntariado lector tamén se uniu a esta iniciativa e hoxe as lecturas no cole foron todas relacionadas co tema da familia e dos dereitos da infancia.
Grazas voluntariado lector!
Feliz Día do Pixama!
martes, 19 de noviembre de 2024
GRAN PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DO MES DE NOVEMBRO!
A caixa de correos do concurso do Frian Challenge, comenza a encherse coa vosa participación.
Lembrarvos que podedes participar escribindo as respostas no blog, en comentarios, ou deixando as vosas respostas na nosa caixa de correos na biblioteca.
Participar no concurso e así de doado:
lunes, 18 de noviembre de 2024
O OCÉANO DE FRIAN COMEZA A ENCHERSE!
As mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina este curso e coa proposta que están levando a cabo as familias de reutilizar o plástico que consumimos. A nosa biblioteca estase enchendo dunha morea de animais mariños e deste xeito estamos creando, entre todos e todas, o océano de Frian.
Podedes visualizar no seguinte vídeo, una escolma dos traballos que comezan a chegar á biblioteca:
Grazas familias polo voso traballo e colaboración!
viernes, 15 de noviembre de 2024
BIBLIOTECA CREATIVA: ESPAZO MAKER
Este curso debido ao novo espazo habilitado para a biblioteca, tamén contamos cun novo espazo para o proxecto de "Biblioteca creativa" e "Polos creativos". Este espazo ten moitas posibilidades e recursos para aprender e traballar: robótica, materiais maker, cortadora láser, impresión 3D...
O alumnado ao longo do curso puido experimentar con estes materiais durante as sesións organizadas polos titores e tamén estaba dispoñible todos os venres na hora de lecer.
Amosamos algunhas das actividades realizadas:
lunes, 11 de noviembre de 2024
CHALLENGE FRIAN NOVEMBRO
1- Que recoñeces na imaxe?
2- Cóntanos unha curiosidade sobre o océano Atlántico.
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
jueves, 7 de noviembre de 2024
RECUNCHO DO CONCURSO FRIAN CHALLENGE!
Na biblioteca habilitamos un recuncho cunha caixa de correos para recoller todas as respostas mensuais do alumnado participante no concurso Frian Challenge.
miércoles, 6 de noviembre de 2024
COMEZAN OS CONTACONTOS DO VOLUNTARIADO LECTOR
martes, 5 de noviembre de 2024
NOVO CONCURSO: CHALLENGE FRIAN
Propoñémosvos realizar a nosa propia expedición “Frian Challenge” para entre todas e todos ir descubrindo curiosidades sobre os océanos e mares do noso planeta.
As instrucións do xogo serán:
1. Cada mes, no blog https://ossonhosdefriancinho.blogspot.com/ atoparedes unhas preguntas sobre as cales deberedes investigar para acadar a resposta correcta.
2. Cando teñades as respostas poderedes envíalas de dúas formas:
• Facendo un comentario na entrada do blog da biblioteca.
• Depositando as vosas repostas por escrito na caixa de correos que atoparedes no recuncho do concurso na biblioteca. Neste caso, non esquezades indicar o voso nome e curso na vosa resposta.
lunes, 4 de noviembre de 2024
ESTREAMOS RECUNCHO DAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Na biblioteca reservamos un recuncho para expoñer as recomendacións lectoras que realiza o alumnado. Deste xeito todos os usuarios e usuarias podemos informarnos da opinión dos nosos compañeiros e compañeiras sobre as distintas lecturas.
Expoñemos no taboleiro as recomendacións de cada grupo cada quince días. Despois son gardadas no arquivador de recomendacións, que está exposto neste recuncho, para ser consultado polo alumnado antes de facer o empréstito semanal.
Deste xeito, sempre están dispoñibles as opinións lectoras dos demais para axudarnos a elixir as nosas lecturas.
Bótalle un ollo as recomendacións!!
EXPERIMENTAMOS DURANTE O MES DA CIENCIA
FORMACIÓN DE USUARIOS
Arrancamos a formación de usuarios do presente curso visualizando un vídeo elaborado polo voluntariado da biblioteca escolar, onde explican a organización da nosa biblioteca segundo a CDU (Clasificación Decimal Universal).