FEITIZOS MARIÑOS!
Para festexar o Samaín cada grupo-clase elaborou o seu propio feitizo mariño, o cal ten como obxectivo eliminar os plásticos dos mares e océanos.
FEITIZOS MARIÑOS!
Para festexar o Samaín cada grupo-clase elaborou o seu propio feitizo mariño, o cal ten como obxectivo eliminar os plásticos dos mares e océanos.
Despois de inaugurar a nosa biblioteca e de conmemorar o día das Bibliotecas Escolares xa comezamos co empréstito bibliotecario!!!
Libros que van e veñen ás nosas casas e que nos van facer gozar da lectura ao longo do curso!!
Hoxe, durante a hora de ler, o voluntariado xa coas súas tarxetas identificadoras e os seus chalecos foron por todas as aulas da escola explicando que a partir de novembro os mércores levarán a cabo contacontos.
Ademais, o resto da semana comezarán as seus labores na biblioteca escolar no tempo de recreo ao longo do curso.
No interior da mochila inclúense fondos varios en galego, castelán e inglés; libros sobre o PDI, libros de consulta, películas, revistas e libros para as familias.
Ademais, este curso a mochila introduce unha proposta para as familias sobre o PDI: "Mares e océanos, un recurso vital":
Dende a escola gustaríanos pedirvos axuda para traballar de maneira conxunta a concienciación sobre un tema tan importante como a contaminación dos mares e océanos con plásticos.
A proposta que vos facemos é que reutilicedes o plástico que consumimos de maneira que as nenas e nenos, coa vosa axuda, poidan elaborar un animal mariño para expor na nosa biblioteca e entre todos e todas formar o océano do Frian.
Deixámosvos algunhas ideas que vos poden inspirar, pero o mellor é que deixedes voar a vosa imaxinación e creatividade. 😉
Para coidar o noso planeta Terra,
antes que os plásticos cheguen ao mar
pensa unha idea para transformar e reutilizar.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Hoxe na Escola celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.
Foi un día moi especial porque inauguramos un novo espazo para a nosa biblioteca que non deixa de medrar e tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro da man de Federico Fernández.
Arrancamos así o noso PDI: Mares e océanos: un recurso vital
Para dar inicio á celebración do Día das Bibliotecas Escolares levamos a cabo unha pequena e sinxela xincana pola escola para unha primeira toma de contacto co tema deste curso e poder así xerar curiosidade e ganas de descubrir e aprender novas cousas.
A través de catro probas o alumnado conseguiu unha peza do puzzle que forma a imaxe de Balea; álbum ilustrado que traballamos con Federico Fernández (ilustrador deste libro) con diferentes propostas segundo as idades: creación de animais mariños, personaxes (operarios), elaboración do fondo…
Antes de dar comezo ao obradoiro, o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria leu o pregón:
Educación Infantil
1º, 2º e 3º Educación Primaria
Este curso habilitamos un novo espazo para a nosa biblioteca, moito máis amplo e con máis recunchos para facilitar o seu uso a todos os usuarios e usuarias. Desde xeito damos cabida a máis fondos bibliográficos e a súa organización é máis doada e efectiva.
Presentamos a nosa nova biblioteca: