miércoles, 8 de mayo de 2024

CONTANDO EN FAMILIA

 Na clase de 4 anos os contos e a biblioteca escolar son fundamentais no seu día a día , pero as súas familias tamén saben a importancia dos contos e por iso participan estas semanas na actividade titulada 

"Contos en familia" . As familias veñen a ler a todos un dos seus contos favoritos e despois levan a cabo co grupo unha actividade de animación relacionada coa lectura. 

Grazas a todas as familias participantes!!!









VISITA DE ÉRICA MORÍS

 A autora Érica Moris escritora de libros como " Patio de Luces" visitou o Frian para pasar unha xornada moi especial co alumnado de 4º de primaria que traballou o seu libro de lectura obrigatoria o curso pasado. Unha oportunidade para expoñer tamén todos os seus traballos sobre o libro. 

Grazas Érica por unha visita inolvidable!!!


4º OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS : " COMO PEZ EN EL AGUA" , MARCAPÁXINAS CON FIMO

 Leonor do taller de artesanía " Como pez en el agua" visitounos para levar a cabo o 4º obradoiro de Lectura e familias. Primeiro nos deu a coñecer algúns dos seus libros favoritos para darnos a coñecer a importancia das ilustracións no seu traballo. Despois entre todos elaboramos uns marcapáxinas decorando e pintado cada un libremente e despois engadimos algún detalle con fimo. 

Unhas verdadeiras obras de arte. 









ASPANAEX : UNHA VISITA MOI ESPECIAL

 Sen dúbida a música é un elemento imprescindible na nosa biblioteca e a Educación Inclusiva un dos nosos obxectivos. Por iso a semana pasada  a asociación ASPANAEX de persoas con discapacidade mental visitaron o noso centro para levar a cabo un obradoiro co alumnado de Educación Infantil onde nos presentaron todas as actividades que alí realizan e realizar connosco actividades musicais. 





DEPORTE EN FAMILIA: MOCHILAS VIAXEIRAS DO MES DE ABRIL



 

viernes, 3 de mayo de 2024

2 MAIO : DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR 2024

Dende o centro creouse un banco de recursos con diferentes aspectos relacionados co acoso escolar. Todas as aulas debían crear nunha cartolina un lema para frear o acoso. Todos estos carteis decoraron o cole para deixar a nosa pegada contra o acoso escolar.