jueves, 11 de mayo de 2023

4º OBRADOIRO "LECTURA E FAMILIAS":" TÍTERES E CONTOS"

 Este martes día 9 de maio  visitounos Leonor , artesana de " Como pez en el agua" para levar a cabo este 4º obradoiro do programa " Lectura e familias". 

A través dun contacontos fomentamos na familia a motivación pola lectura e como dotar aos cativos de recursos que os poidan motivar cara a ela. A creación de marionetas ou títeres servirán como nexo de unión para  a lectura e motivación pola misma. 






miércoles, 10 de mayo de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 4ºB

 As nenas de 4ºB quixeron recomendarnos algúns dos seus contos favoritos. Quen se anima a disfrutar deles!!!

martes, 9 de mayo de 2023

OS NENOS DE 3 ANOS RECOMENDAN

 Os mais pequenos do cole quixeron facer as recomendacións dos seus contos favoritos "Do berce á lúa" e que mellor forma que contalos eles mesmos. Uns verdadeiros artistas. 

lunes, 8 de mayo de 2023

NOTICIEIRO 2º B: NOTICIAS DO MES DE MAIO

O alumnado de 2ºB nos presenta o noticieiro desta semana coas novidades desta primeira semana do mes de maio como o día do traballador ou a celebración dos maios.

domingo, 7 de mayo de 2023

DAVID RODRÍGUEZ E A " SUPERAVÓA" DE VISITA PARA 1º

O día 3 de maio o alumnado de 1ºA e 1ºB tivemos un encontro na nosa Biblioteca co ilustrador e escritor David Rodríguez , tras ler o seu libro SUPERAVOA.

Co diálogo que mantemos con David Rodríguez descubrimos como xurdiu a idea inicial , cal foi o proceso de elaboración do libro , a técnica empregada para realizar dos debuxos e ensinounos o retrouxo da cantiga Superavoa. Tamén tivemos tempo para asinar os nosos exemplares dos libros e un deles quedará na nosa biblioteca. 

Moitas grazas David Rodríguez por visitarnos!!!





miércoles, 3 de mayo de 2023

VENRES DE VIVA VOZ 5 ANOS A :LINGUAXE DE SIGNOS

 Agora tocalle a quenda o alumnado de 5 anos A  para presentar o seu " Venres de Viva Voz" deste curso.

A linguaxe de signos foi a técnica que utilizaron para transmitir o que nos querían contar, unha linguaxe inclusiva que todos podemos aprender.


Noraboa rapaces!!Bo traballo!!!

VENRES DE VIVA VOZ 4ºA: AS ESCULTURAS

 Os nenos e nenas de 4º B están traballando a escultura como expresión de arte . Aprenderon moitas cousas  que quixeron compartir con nós e por iso adicaron o seu venres de viva voz á escultura e animarvos a descubrir está faceta do arte. 


Noraboa rapaces!! Moi bo traballo!!!