sábado, 30 de abril de 2022

VENRES DE VIVA VOZ 5 ANOS B: O ESPAZO E O SISTEMA SOLAR



O alumnado de 5 anos B tocoulle poñer o colofón final aos Venres de Viva Voz deste curso 2022.
O seu PDI está relacionado  co espazo e o sistema solar.
Movementos de rotación e traslación, as estacións ou a noite e o día. Queredes saber que ocorre de forma divertida!!! Noraboa rapaces!!!




 

miércoles, 27 de abril de 2022

CITA A CEGAS CUN LIBRO NA HORA DE LER

Na semana do libro , unha das actividades que mais gustaron ao noso alumnado foi "CITA A CEGAS CUN LIBRO". Cada grupo empaquetaba un libro e poñía no empaquetado varias pistas para que outro grupo adiviñara o libro. A través desta actividade fomentamos a lectura, creamos intriga e motivación e animamos ao noso alumnado .













 

martes, 26 de abril de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 6ºA

 

2º OBRADOIRO DE FAMILIAS : XOGAMOS???

 Este martes 26 de abril celebremos na nosa biblioteca o 2º obradoiro de familias que leva por título 

" Xogamos??". Coñecimos diferentes tipos de xogos cos que poder traballar a lectoescritura, a memoría , atención e  lóxica. Xogamos e gozamos todos xuntos, descubrindo que a través do xogo podemos aprender máis e mellor!!!

Grazas a todos por participar e pasar unha tarde divertida con nós e os vosos fillos!!!






lunes, 25 de abril de 2022

APADRIMENTO LECTOR: COMPARTIMOS

Este luns 25 con motivo do Día do Libro levamos a cabo os apadriñamentos lectores. Dramatización, títeres,audiolibro.... Moitas eran as opcións a escoller pero o importante era gozar coa lectura e compartir a experiencia entre todos!!


" TEÑO UN VOLCÁN" 5 ANOS B               " O MONSTRO DE CORES" 6ºB

        
"MAPACHE SEMPRE QUERE
"O PEQUENO PIRATA                                 SER O PRIMEIRO " 4ºB
SERAFÍN" 1ºB                                           




jueves, 21 de abril de 2022

AS MOREIRAS NA PRIMAVERA : NOTICIEIRO 6ºA

O alumnado de 6ºA goza coa chegada da primavera e con todas as árbores desta estación. En especial coa moreira , unha árbore moi especial para eles e para os vermes de seda que tan ben coñecen e o seu proceso de metamorfose. Non vos perdades o seu noticieiro con toda a información que nos proporcionan sobre este marabilloso proceso. Noraboa rapaces!!!