jueves, 12 de diciembre de 2019

O MEU CONTO FAVORITO II



As familias de 4 anos B participan nesta iniciativa onde o conto favorito dos seus fillos é unha excusa para pasar un rato divertido gozando da lectura. Nesta ocasión tocoulle a mamá de Noa e de Gabriel vir a visitarnos.





domingo, 1 de diciembre de 2019

5º A E O MAR DE ARDORA

O alumnado de 5ºA presentamos no noso Venres de Viva Voz "O Mar de Ardora ou Ardentía".
Se unimos o mes da Ceincia, os experimentos feitos en 5º de fluorescencia e o proxecto deste ano "Vigo, cidade de cores" temos que investigar sobre o curiosísimo mar de estrelas que ás veces podemos desfrutar en Cíes ou Ons, presta moita atención e verás de que estamos a falar:


2ª PARTE : " A HISTORIA DE VIGO EN 9 MIN"

A segunda entrega da historia de Vigo está realizada por 6ºB. Continuamos o traballo iniciado por 6ºA e facemos un percorrido dos acontecementos máis importantes da nosa cidade dende o século XV ata os nosos días. Desfrutade da nosa historia:


A CIENCIA NO FRIAN

martes, 26 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO

      
Traballamos videos e textos para reflexionar , entre eles “ Ceremonia del Te” de Jorge Bucay. Sacamos conclusión para facer un decálogo entre todos. Baixo o lema “ NON É NON”e debatimos sobre que cousas decimos que NON  (Non quero que me insultes, Non quero que me beses senón quero, Non me gusta que me berres)… Dous representantes de cada aula serán os escollidos para informar cal do seu lema. .Cada aula escribiu o lema nunha bolboreta en cartulina e que decorou un Mural conmemorativo para tal data..Ademais cada neno ademais debuxará esa mesma bolboreta co lema  “  NON É NON”, na mesma cor que a bolboreta grande.

Fixemos una adaptación de “ Qué bonito é querer “ de Manuel Carrasco” e grabamos un video para tal fin entre todo o alumnado do centro . Cantado polo alumnado do cole o disfrutamos moito.


Con todas as bolboretas das clases cos diferentes lemas fixemos un mural con material de refugallo que representa a liberdade da muller .



sábado, 23 de noviembre de 2019

RECOMENDACIÓNS 25 DE NOVEMBRO : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este luns 25 de novembro, celebramos o día contra a violencia de xénero. A través dos contos podemos intentar aportar o noso gran de area para intentar concienciar os nenos e nenas desta situación. Aqui os deixamos algúns recursos para poder usar.


domingo, 17 de noviembre de 2019

" O MEU CONTO FAVORITO"


Na clase de 4 anos B deron comezo a unha iniciativa chamada " O meu conto favorito". A través dos contos deixamos ver as nosas emocións , as nosas ilusións, as cousas que nos asustan e as que fan estar contentos. Pero sobre aqueles contos que nos deixan pegada, eses contos que marcan a nosa infancia e que están sempre presentes na nosa familia.

Os cativos de 4 anos B ao longo das semanas traeran a aula ese conto favorito que tanto lles gusta. Ademais de traballalo e gozar del na aula con todos os compañeiros, as familias nos visitarán para realizar un contacontos con todos e poderán realizar manualidades ou actividades que teñan que ver con este conto tan importante para eles.

Esta semana comezamos con Diego e a súa mama Pili que nos visitaron. O pasamos realmente xenial e levamos unha tartaruga preciosa de lembranza desta actividade.