O alumnado de 5 anos fai recomendacións das súas lecturas favoritas.
Estes libros están dispoñibles na nosa biblioteca.
O alumnado de 5 anos fai recomendacións das súas lecturas favoritas.
Estes libros están dispoñibles na nosa biblioteca.
O alumnado de 5ºB realizou un obradoiro de radio no que estiveron experimentando e aprendendo técnicas para gravar programas de radio.
Traballaron por grupos e cada un elixiu unha temática.
Neste episodio realizan a lectura do libro da Sireiña:
No seguinte episodio fan unha presentación do seu Libro de Ciencias preferido:
O alumnado de 5ºA realizou un obradoiro de radio no que estiveron experimentando e aprendendo técnicas para gravar programas de radio.
Traballaron por grupos e cada un elixiu unha temática.
Neste episodio realizan unha presentación do libro O diario de Greg e outra sobre o autor Antonio García Teixeiro:
Esta semana, o alumnado de 5º de primaria realizou un obradoiro de formación no manexo da radio escolar. Primeiro tiveron unha sesión teórica e despois pasaron a poñer en práctica estes coñecementos.
Elaboraron un guións de presentacións de programas por equipos. Gravaron e sentíronse verdadeiros locutores e locutoras. Resultou moi motivador e todo o alumnado quedou con ganas de realizar máis programas de radio.
BO TRABALLO ALUMNADO DE 5º!!
Xa está disposta, polos corredores do cole e da biblioteca, unha escolma cos fondos de libros e contos de Nadal.
Animádevos a lelos!!
Este ano como o noso PDI titúlase: "Sementamos e recollemos vínculos, cos pés na terra". Elaboramos nas sesións de formación de usuarios unha CDU con raíces.
Repartimos o traballo entre os diferentes cursos da escola, investigamos as categorías e levamos a cabo unha tarefa plástica.
O resultado é moi divertido e gráfico para consultar as distintas categorías á hora de seleccionar os libros.
Así quedou a nosa CDU: