jueves, 19 de junio de 2025

O OCÉANO DE FRIAN

 



Na biblioteca, para rematar o curso, montamos o Océano de Frian con todos os traballos que realizaron as familias coa actividade das Mochilas Viaxeiras. A proposta consistiu en elaborar animais mariños reutilizando materiais.
A participación foi extraordinaria e así quedou o noso océano de Frian.
Desfrutade do seu traballo:

Grazas familias!!

DESPEDIDA E AGRADECEMENTO AO VOLUNTARIADO

 Hoxe realizamos unha xuntanza na biblioteca para agradecer a participación  dos voluntarios e voluntarias durante todo o curso. Realizaron un traballo excelente: formación de usuarios, colaboración nas celebracións do cole, lecturas compartidas, empréstitos, actividades sociocomunitarias, organización da biblioteca, recomendacións...

Quixemos recoñecer o seu grande labor cun diploma acreditativo do seu traballo e un pequeno agasallo pola súa implicación.

Por unha banda, despedimos aos voluntarios e voluntarias de sexto desexándolles moita sorte na súa nova etapa de secundaria. Pola outra banda, despedimos ao voluntariado de quinto ata o próximo curso.



Moitas grazas voluntariado, sen a vosa axuda a biblioteca non sería a mesma!!

viernes, 13 de junio de 2025

PREMIO POLO CONCURSO CHALLENGE FRIAN

Hoxe desfrutamos todo o cole de un flashmob como premio pola participación de todas as aulas no concurso Challenge Frian, levado a cabo ao longo do curso. Cada mes realizamos unha viaxe de preguntas polos mares e océanos do mundo. Aprendemos unha morea de cousas sobre o nos PDI: "Mares e océanos: un recurso vital"

O flashmob foi organizado polo alumnado voluntario de 5º de Primaria, elas elaboraron a coreografía  e  todo o cole bailou ao compás do seu ritmo.

O propósito  do premio foi compartir experiencias e vivencias como comunidade educativa.

Grazas alumnado de 5º pola vosa implicación!


Compartimos un anaco desta actividade:




Grazas pola vosa participación no concurso Challenge Frian!

CÓNTOCHO EU DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

  O alumnado de 6º de Educación Infantil comparten con todos nós o seu Cóntocho-Eu! 

Grazas polo voso traballo!

martes, 10 de junio de 2025

NOTICIEIRO 5 ANOS

 Os nenos de 5 anos non quixeron perder a oportunidade de falar no seu noticieiro sobre as diferentes capas do océano e os animais que viven nel.

Non volo podedes perder!!!

Grazas 5 anos polo voso traballo!!

viernes, 6 de junio de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: SEMANA STEAM

  Esta semana levamos a cabo no colexio a "Semana Steam", unha proposta realizada na aula Maker e de Polos Creativos, inaugurada este curso, con distintos obradoiros. O alumnado rotou polas distintas estacións de aprendizaxe propostas, investigou, experimentou e xogou, realizando verdadeiras aprendizaxes significativas e sobre todo en cooperación cos compañeiros e compañeiras.

 Estas estacións foron as seguintes:


-Proposta 1: Robótica con tres grados de dificuldade para todo o alumnado: baixa, media e alta.




   

-Proposta 2: Xogos de mesa

  

-Proposta 3: Construcións (korbo, kapla...)

 

 

-Proposta 4: Mesa de luz

-Proposta 5: Imáns

    


 
Tamén realizáronse propostas en inglés durante toda a semana:
Keyring 6º
En 6º deseñaron chaveiros:

En 4º e 5º realizaron "Board Games
 
     
 

Foi unha semana moi motivadora e especial!

CÓNTOCHO EU 1ºA

 O alumnado de 1º A de Educación Primaria preséntannos o seu Cóntocho-Eu:

Grazas 1º A polo teu traballo!