miércoles, 17 de abril de 2024

RETOS POLOS CREATIVOS

 Co inicio na inclusión do programa Polos creativos o alumnado 

de 4º de primaria comezou a realizar algúns dos retos

 propostos.


 


lunes, 15 de abril de 2024

VISITA LEYLA PAZò:”HIPòTESIS DE CERRAR HERIDAS”

 Hoxe contamos coa visita de Leyla Pazò ,escritora xuvenil do poemario”La hipòtesis de cerrar heridas”. Contoúnos a súa experiencia de ser unha escritora con sò 14 años. Tamén fixo especial fincapé na importancia de non ter medo e ter iniciativa . Grazas Leyla por visitarnos e moita sorte neste futuro prometedor que te espera.









miércoles, 10 de abril de 2024

3º OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS: XOGOS DE MESA

 Este 9 de abril contamos coa visita de Sara e Ana, dúas representantes de Old Teddy`s para levar a cabo o 3º obradoiro de Lectura e familias de xogos de mesa.Pasamos unha tarde xenial disfrutando de xogos en familia!!!!



miércoles, 3 de abril de 2024

VISITA DAVID RODRÍGUEZ

 Onte visitounos o escritor e ilustrador David Rodríguez que quixo facer unha pequena homenaxe ao Hematocrítico  contando un do seus contos " Morto de fame" e acompañando cunha cantiga á guitarra.

Os alumnos de 2º,3º e 4º puideron gozar con esta visita tras escoller nas súas lecturas outras obras do Hematocrítico como Doña Problemas ou Misión Princesa.








martes, 2 de abril de 2024

“OLYMPIC GAMES” MES DE ABRIL

 Ola rapaces e rapazas:

Seguindo co noso concurso, a primavera tráevos novas adiviñas do "Olympic Games" a este xogo de rosco de palabras. Tedes que atopar a resposta correcta das seguintes letras do alfabeto:

  • S: DEPORTISTA ESPAÑOLA CONSIDERADA A MELLOR DA HISTORIA NA CATEGORÍA DE KATA FIMININO INDIVIDUAL AO SER O NÚMERO 1 NO RANKING POR A FEDERACIÓN MUNDIAL DE KARATE (WKF), DESPOIS DE PERMANECER DURANTE SEIS ANOS CONSECUTIVOS COMO LIDER DA CLASIFICACIÓN MUNDIAL.

  • T: NOME DO DEPORTE QUE IMPLICA A REALIZACIÓN DE 3 DISCIPLINAS DEPORTIVAS, NATACIÓN, CICLISMO E CARREIRA A PÉ, QUE FANSE EN ORDE E SEN INTERRUPCIÓN ENTRE UNHA PROBA E OUTRA.

  • U: NOME DA MODALIDADE DO DEPORTE DE NON-CONTACTO, AUTOARBITRADO, XOGADO CUN DISCO VOADOR DE 175 GRAMOS DE PESO.

  • V: NOME DA CAMPEONA ESPAÑOLA OLÍMPICA EN LONDRES 2012 NO DEPORTE DE HALTEROFILIA.

Lembrade que podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou responder a través dun comentario nesta entrada do blog. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso. Grazas

lunes, 1 de abril de 2024

DEPORTE EN FAMILIA:MOCHILAS VIAXEIRAS MARZO

 Xa temos aquí as fotos das mochilas do mes de marzo das mochilas viaxeiras. Ian,Benji e Cía,Sergio,Martín e Sandra quixeron deixar a súa pegada mostrándonos os deportes e actividades que lles gusta practicar en familia.Grazas a todos e todas!!!



DÍA DA POESÍA 2024

Este 21 de marzo celebrouse o día Mundial da Poesía. Por iso no Frian quixemos festexar este día coa colaboración dalgunhas aulas que gravaron na radio escolar poemas variados.


Ademais o alumnado voluntario elaborou unha escolma con diferentes fondos sobre poesía tanto de autores galegos como internacionais.