viernes, 16 de febrero de 2024

FORMACIÓN RADIO ESCOLAR 5º PRIMARIA: RADIO ESPORA

 Durante os días 15 e 16 de febreiro a través do formado Iago de Radio Espora o alumnado de 5º de primaria levou a cabo unha formación sobre radio escolar. Primeiro sobre aspectos teóricos para despois traballar a práctica na nosa radio coa grabación dalgúns podcast.


lunes, 12 de febrero de 2024

Xornadas de atletismo Xogando

  O día 2 de febreiro os alumnos de 2* de primaria tuvieron unha clase especial de atletismo incluída no proxecto Xogando. Ao noso centro asistiron dúas deportistas deste proxecto a impartidla.A clase consistiu en facer xogos nòs que os nenos e nenas traballaron as tres disciplinas do atletismo:Carreira ,lanzamiento e salto.

Esta actividade está relacionada directamente co pdi do cole :”De xogo en xogo “onde traballamos e coñecemos os diferentes deportes olímpicos así como diferentes xogos tradicionais.


A pesares dos nervios iniciáis , gozaron moito con ela!!!





viernes, 9 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 É tempo de Entroido e no Frian o quixeron festexar todos xuntos .Aínda que o tempo non nos deu tregua , desfilamos polos corredores do centro e compartimos bailes e merendas!!!Este Entroido estivo marcado pola temática do noso PDI adicado os xogos olímpicos.


Ademais o equipo  de EDLG elaborou unha serie de recursos sobre o Entroido Galego e con actividades para cada un dos ciclos. 

viernes, 2 de febrero de 2024

DÍA MUNDIAL DA PAZ NO FRIAN :ÚNETE

Este martes 30 de xaneiro celebramos no Frian o día mundial da Paz. Todo o alumnado elaborou mensaxes de paz e palabras para axudar a conseguila . Está nas nosas mans poder conseguilo e aportar o noso gran de aréa. Aquí vos deixamos unha mostra de todos estes mensaxes que elaboramos no Frian. 

   

 Ademais o alumnado de 4ºA quixo deixar a súa pegada a través da radio escolar, para poder así deixar as súas mensaxes e que poidan chegar a máis xente. Non volo podedes perder!!!!

jueves, 1 de febrero de 2024

DEPORTE EN FAMILIA: MOCHILAS VIAXEIRAS XANEIRO


 Neste mes de Xaneiro  Asier, Xian e Moraima quixeron compartir con nós os seus momentos favoritos practicando deporte en familia. Dende o padel surf de Asier, pasando polos xogos de mesa de Xian ou un divertido paseo en bici de Moraima. Grazas familias por compartir con nós. A seguir practicando deporte en familia!!!!

OLYMPIC GAMES : FEBREIRO

 


      OLYMPIC GAME FEBREIRO 


Ola rapaces e rapazas: 
Comezamos un novo mes , o mes de febreiro con novas preguntas do noso concurso Olympic games. Estades preparados e preparadas??
Tedes que atopar a resposta correcta destas novas 4 letras do alfabeto. Podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou responder a través dun comentario a entrada do blog da biblioteca. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso. 



M : NOME DA NADADORA ESPAÑOLA MÁIS FAMOSA DA HISTORIA , CON 4 MEDALLAS OLÍMPICAS E QUE FOI ABANDERADA DE ESPAÑA NOS XOGOS OLÍMPICOS TOKIO 2020.

N: PAÍS EUROPEO QUE PARTICIPA ESTE ANO NOS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS 2024  E QUE A SÚA CAPITAL É OSLO.

Ñ: DEPORTE QUE CONSISTE NA ESCALADA DE MONTAÑAS CUXO NOME CONTÉN A LETRA Ñ.

O: NOME DA DEPORTISTA ESPAÑOLA  QUE COMPETIU EN NATACIÓN SINCRONIZADA E GAÑOU DÚAS MEDALLAS NOS XOGOS OLÍMPICOS DE LONDRES 2012, PRATA EN DÚO E BRONCE POR EQUIPOS.