viernes, 28 de octubre de 2022

CONTACONTOS TEMÁTICO DE SAMAÍN : VOLUNTARIADO IMPLICADO

 Dúas alumnas de 6ºB que pertencen o voluntariado da BE levaron a cabo un contacontos temático de Samaín. 

Caracterizadas e con atrezo para a ocasión non deixaron indiferente a ningún dos cativos de infantil que quedaron abraiados e un pouco temerosos do gran contacontos que levaron a cabo.








BLANCO COMO LA NIEVE: OS NENOS DE 5 ANOS B RECOMENDAN

Os cativos de 5 anos B traballaron o conto de " BLANCO COMO LA NIEVE" durante estos días e quixeron recomendarnos este conto a través da súa cantiga que nos gusta tanto.
 Vos apetece coñecer o conto??

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE SAMAÍN : 5 ANOS A

 Os peques de 5 anos A encántalles a lectura e cando é Samaín aínda máis .Aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras do mais terroríficas!!!




MOCHILAS VIAXEIRAS.... COMEZAMOS A VIAXAR!!!

Unha vez inahugurada a biblioteca podemos dar comezo ao empréstito das mochilas viaxeiras.Unhas mochilas cheas de ilusión, contos e experiencias para vivir en familia.
Ademais neste curso unha sorpresa para realizar en familia podemos atopar dentro.
Unha actividade especial que nos unirá como comunidade educativa. 
Que comece a viaxe!!!



 

“LIBROS QUE VAN E VEÑEN”:COMEZAMOS

 Xa chegou o día das bibliotecas escolares e con el damos comezo ao empréstito bibliotecario!!!Libros que van e veñen as nosas casas e que nos fan gozar e disfrutar!!!😍🤩







VENRES DE VIVA VOZ 5º A: OS INICIOS DA ARTE

En 5º A están investigando a nosa historia, facendo unha liña do tempo das súas distintas etapas.E xa que o PDI deste ano vai de arte, quixeron ensinarnos a súa cova prehistórica, na que decoraron as súas paredes con pinturas rupestres expresando as emocións e vivencias dos nosos antepasados.

Desfutade do seu traballo e esperamos que o disfrutedes!!!




Moi bo traballo!!




jueves, 27 de octubre de 2022

DÍGOCHO EU 2ºA: NO SAMAÍN

O alumnado de 2º A encántalles falar e aprender galego así que aproveitaron o seu Dígocho eu para adicarllo a todas aquelas palabras galegas que se din no Samaín.Son moitas as curiosidades que non vos podedes perder!!! 
Noraboa rapaces e rapazas!!