Os máis cativos do cole chegan con moitas ganas de coñecer a nosa biblioteca, os contos que tanto lle gustan e como funciona a biblioteca do cole. Para iso coñecen os diferentes pictogramas da zona de infantil así como a colocación e as normas de funcionamento. Un bo coñecemento da biblioteca dende ben pequenos creará uns usuarios responsables e motivados pola lectura.
ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
domingo, 9 de octubre de 2022
DÍGOCHO EU 1ºB: AS CORES
O alumnado de 1º B preparou o seu " Dígocho eu" a través dun conto titulado " O cempés que cambiou de cor" e a través del facemos un repaso das cores en galego.
Qué doado é falar ben galego!!!!
NOTICIERIO 4º B: OS CANTEIROS
O alumnado de 4º A quixo adicar o primeiro noticiero deste curso a un oficio cunha gran tradición en Galicia, un oficio que a día de hoxe perdura e é de vital importancia na nosa sociedade: Os canteiros.
Queredes coñecer un pouco máis desta tradición???
miércoles, 5 de octubre de 2022
NOTICIERO 4ºA : A CASA AZUL DE FRIDA KHALO
Comezamos este curso co Noticieiro de 4º A que o quixeron adicar a Casa Azul de Frida Khalo convertida en museo coa morte da artista.
Queredes saber onde está e algunha das súas peculariedades?
Noraboa rapaces !!!
lunes, 3 de octubre de 2022
DÍGOCHO EU 1ºA : OS ANIMAIS MARIÑOS
O alumnado de 1ºA elaborou o primeiro " Dígocho eu " deste curso traballando o vocabulario dos animais mariños.
Que ben o facedes rapaces!!!!
VENRES DE VIVA VOZ 6º A : "LA CANCIÓN DEL PIRATA" ESPRONCEDA
O poema " La canción del pirata" de José de Espronceda é un dos poemas máis coñecidos do romanticismo español. Forma parte do libro Poesías.
É unha composición sobre liberdade e independencia que forma parte dos 5 poemas que Espronceda dedica aos marxinais da sociedade en señal de protesta: pirata, mendigo, verdugo, cosaco e o reo da morte.
O alumnado de 6º A recita esta poema para levar a cabo o primeiro venres de viva voz deste curso.
viernes, 30 de septiembre de 2022
PDI CURSO 2022-2023 : EXPRES-ARTE
Comezamos novo curso ,novo PDI con máis ilusión que nunca.....O tema deste curso é EXPRES-ARTE.A arte será a clave do noso traballo , a arte en diferentes esferas, a arte en todas as súas representacións. A través dela expresaremos sentimientos, vivencias, emocións pero sobretodo gozaremos con ela.
Estades preprados???
"EXPRES-ARTE"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
