jueves, 21 de abril de 2022

AS MOREIRAS NA PRIMAVERA : NOTICIEIRO 6ºA

O alumnado de 6ºA goza coa chegada da primavera e con todas as árbores desta estación. En especial coa moreira , unha árbore moi especial para eles e para os vermes de seda que tan ben coñecen e o seu proceso de metamorfose. Non vos perdades o seu noticieiro con toda a información que nos proporcionan sobre este marabilloso proceso. Noraboa rapaces!!!

jueves, 14 de abril de 2022

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA " ABRIL O MES DA LECTURA "

 

"Lendo baixo a mesma estrela" é unha actividade que sempre nos encanta . Os venres son por iso un día moi especial. Este mes de abril é o mes indiscutible da lectura , o mes onde festexamos o día do Libro .Por iso nin o mal tempo puido evitar que levaramos a cabo a actividade aínda que a estrela estivera un pouco tapada. 









jueves, 7 de abril de 2022

TEATRO INTERCENTROS " UNHA VIAXE POLA HISTORIA DA CIENCIA" 5º DE PRIMARIA


O alumnado de 5º participa no programa Teatro Intercentros e traballaron moi duro na elaboración e ensaio da obra “ Unha viaxe pola historia da Ciencia”. Ademais de compartir a obra e representala no Concello para diferentes centros, tamén o alumnado do noso cole  puido disfrutar dela en varios pases .

aa








domingo, 3 de abril de 2022

“O universo”:Venres de Viva Voz 5 anos A

 Esta semana tócalle o turno aos cativos de 5 anos A para contarnos o seu Venres de Viva Voz.O seu Pdi sobre o universo lles encanta e así o demostran contándonos todas as cousas que aprenderon.Noraboa rapaces!!!😻🥰



“A ciencia é avance”:De viva voz 4 anos A


 Os cativos de 4 anos A nos deixan claro que a ciencia é avance e que nos axuda sempre .🥰