domingo, 21 de noviembre de 2021

NOTICIEIRO 21/22: CREANDO NA RADIO ESCOLAR

 Comezamos de novo con ilusión a elaboración dos noticieiros do noso alumnado a través da radio escolar. Nesta primeiro ocasión tócalle comezar ao alumnado de 1ºA . Os nosos cativos quixeron facer unha selección do máis divertidas dalgunhas noticias inventadas que lles gustarían se convertiran en realidade... E porque non!!! Non volo podedes perder, son uns verdadeiros locutores radiofónicos!!!


martes, 9 de noviembre de 2021

Hora de ler : creando receitas de magosto 3ºA

 O alumnado de 3ºA inventou receitas caseiras que levaron como producto estrella  a castaña. Elaboraron a receita, a levaron a cabo na casa e despois as compartiron con todos , fomentando así a expresión oral.









sábado, 6 de noviembre de 2021

UN NOVO MURAL, UNHA NOVA ILUSIÓN

Se estrear unha nova biblioteca, un novo espazo para os nosos cativos, é algo moi ilusionante. Aínda podemos decir que o é máis cando este novo espazo está cheo de cor e ilustracións que nos fan voar e soñar coa lectura

No noso centro temos a sorte de contar con Leonor, un nai do cole , artesana , ilustradora e apaixonada do seu traballo.  Emprendedora e creadora da súa propia empresa "Como pez en el agua" , quixo deixar de lado unhas horas do seu tempo para vir ao Frian e colaborar con nós.

Non foi mellor acerto contar con ela ,que puxo toda a súa ilusión por deixar a nosa biblioteca o máis bonita posible. 

O resultado non se pode describir con palabras. Só ver as caras dos pequenos ao entrar e ver a ilustración é a proba do ben que quedou!!!

Grazas Leonor por deixar esta pegada tan bonita neste recuncho do cole que é tan importante para todxs!!!!








SER VOLUNTARIO : UNHA RESPONSABILIDADE

  O voluntariado da biblioteca é unha oportunidade para todos os alumnxs de 5º e  6º de coñecer mellor e máis de cerca o funcionamento da nosa biblioteca. 

Ademais poñen todo o seu empeño e gozan con todas as actividades que levan a cabo, colaborando e axudando a crear unha biblioteca de todos e para todos.





A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZA DE NOVO


Outro ano máis comezamos unha nova andaina coas nosas mochilas viaxeiras. Cheas de novas ilusións, novas actividades e moitas novidades lectoras que sen dúbida van a facer as delicias dos pequenos e tamén das familias.  

Os voluntarios da biblioteca repartiron ,con ilusión polas aulas, as mochilas para aquel alumnado que lle tocaba comezar esta nova viaxe. 

A mochila viaxeira é unha actividade que fomenta a lectura e tamén compartir en familia. Unha  oportunidade  que debemos gozar e ver como un reto e unha aventura lectora.

Boa viaxe das nosas mochilas!!! Boa viaxe coa lectura!!!