martes, 22 de septiembre de 2020

UN ANO DE PELÍCULA: BENVIDOS AO SÉTIMO ARTE

 Un ano mais o Proxecto Documental Integrado será un referente para a dinamización e organización do funciomento da biblioteca neste curso tan atípico. 

Este curso 2020/2021 o PDI titúlase 

"Un ano de película : benvidos ao sétimo arte" 

facendo referencia ao cine na nosa sociedade e na historia.


Son moitas as actividades, experiencias e expectativas que temos postas neste PDI. Non vos perdades todos os traballos que iremos colgando no blogue. 




UNHA BIBLIOTECA ANTI-COVID

Comezamos este novo curso cheo de incertidumes pero tamén de esperanza por voltar ao cole. 

A biblioteca do Frian sempre foi e será un espazo fundamental no noso centro e agora nesta situación non podería ser menos. Por iso traballamos moi duro e acotío para crear un espazo adaptado e con toda a seguridade para o noso alumnadx. 

 Aquí vos adxuntamos un tríptico con información detallada sobre as adaptacións de espazos e actividades que levaremos a cabo durante este curso escolar. Non paramos de traballar para crear entre todxs unha biblioteca segura pero tamén un espazo que como sempre nos invite a soñar e a gozar da lectura. 

 Bo comezo de curso para todos e todas!!!!







jueves, 18 de junio de 2020

PDI VIGO CIDADE DE CORES

Este curso o PDI anual titulábase 
"Vigo,cidade de cores". Un proxecto que comezamos con moita ilusión e entusiasmo por coñecer mellor a fermosa cidade na que vivimos. 
Pero por culpa da situación que tivemos que vivir , non puidemos rematar e profundizar nel tanto como nos gustaría. Aínda así traballamos con moito exforzo sobre el durante estos meses de cole.Aquí vos deixamos unha mostra de todo o traballo que fixeron os nos@s rapaces e rapazas.




martes, 16 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


A lectura sempre é un recurso e un pracer para gozar dela en calquera ocasión e mais nas vacacións que temos mais tempo. Este verán seguro será un pouco mais atípico do normal, por iso dende o Ceip Plurilingüe vos queremos deixar unhas recomendacións lectoras para estas vacacións. 



jueves, 14 de mayo de 2020

LECTURAS EN GALEGO , DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020


Ler é sen dúbida un pracer, pero mais aínda se é en galego. Neste día das letras galegas vos queremos facer algunhas recomendacións e dotar de recursos en galego para estes días de corentena. Lecturas en galego de sempre que se converteron en clásicos e historia da nosa cultura literaria. A gozar deles!!!


lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 CARVALLO CALERO

Xa estamos aquí outro ano mais festexando o día das letras galegas de 2020 adicado o autor Carvallo Calero. 
Aquí vos deixamos unha gran morea de recursos para este día que preparou e recopilou o Equipo de Dinamización de Lingua Galega do noso cole. Esperamos que vos guste.


miércoles, 6 de mayo de 2020

SEGUIMOS CO INICIATIVA " AGORA CONTAMOS TODOS"

Continuamos con novos contos desta iniciativa dos nosos profes de infantil. Neste documento de genially imos actualizando todas as semanas as novidades dos contos que imos preparando , para que non vos perdades ningún. E a disfrutar da lectura!!!!