lunes, 3 de febrero de 2020

30 de XANEIRO " DÍA DA PAZ"


Este venres 31 festexamos o día da paz no Frian. Entre todos elaboramos " Os bancos da amizade" deixando o noso nome neles. Este banco servirá para resolver conflictos, fomentar amizades, reflexionar sobre o noso comportamento....Un rap para este día que nos leva a reflexionar e darnos conta de que unidos somos mais.





Tamén realizamos a " Milla pola paz" onde o alumnado dos cursos maiores apadriñaron os mais pequenos do cole para facer o seu recorrido.




Nun día tan especial non poderían faltar unha mostra dalgúns contos para traballar este día baixo o lema " Contos pola Paz".











" AVÓS CONTRA MARCIANOS"


O alumnado de 3ºA presentamos no noso Venres de Viva Voz o conto“Avós contra marcianos” para aprender o valor do respecto aos nosos maiores, recordando que eles tamén foron novos e audaces, e merecen a nosa admiración e cariño.

 Prestade moita atención!!


" O MERDEIRO " NO ENTROIDO VIGUÉS

O alumnado de 3ºB presentamos no noso Venres de Viva Voz o traballo da investigación que fixemos sobre o entroido vigués. Unha tradición que se está a recuperar na nosa cidade coa figura do “merdeiro”
              Prestade moita atención!!


viernes, 31 de enero de 2020

RECOMENDACIÓNS 6º

Os alumnos e alumnas de 6º somos moi bos lectores por iso queremos recomendar estes libros aos nosos compañeiros e compañeiras.

miércoles, 29 de enero de 2020

RECOMÉNDOCHE ESTE CONTO


O alumnado de 4 anos B 
,non quixo deixar pasar a ocasión de recomedar algúns dos seus libros favoritos. 


Dende algún mais clásico ,a novidades interesantes, libros informativos e álbumes ilustrados.... 
Botade unha ollada por se vos interesa algún.
Ata a próxima e boa lectura!!!

sábado, 25 de enero de 2020

CREANDO NOVOS ESPAZOS


Nestes últimos meses intentamos crear novos espazos para gozar da nosa biblioteca e de todos o que nos pode ofrece.


Un recuncho de cine e a zona frianxogo son algúns deles. Utilizar todos os fondos e recursos que temos ao noso alcance e aproveitar todo o que nos ofrecen é un dos obxectivos da nosa biblioteca.



Películas de debuxos, de aventura , de sociedade .... Leva unha película a fin de semana e goza do cine en familia .




Xogos para traballar a lóxica, a lectoescritura, a agudeza visual... Favorecer o xogo colaborativo e recuperar ao mesmo tempo o xogo de mesa .




martes, 21 de enero de 2020

OS MUSEOS DE VIGO 4ºB


O alumnado de 4ºB presentamos no noso Venres de Viva Voz " Os museos de Vigo", investigación feita dentro do PDI do cole " Vigo, cidade de cores". Estudiamos cómo é un museo, o seu funcionamento, normas de comportamento que debemos cumprir, os seus tipos e o persoal que traballa neles. Rematamos cun percorrido polos museos máis representativos da nosa cidade.

Prestade moita atención!!!