ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
viernes, 1 de noviembre de 2019
lunes, 28 de octubre de 2019
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 de outubro: "Día das Bibliotecas Escolares"
Este día tan importante no calendario escolar merece unha celebración moi especial e significativa para todos e todas no noso cole, e como non podía ser de outro xeito, celebrámolo facendo actividades ao longo deste semana. Nesta celebración contamos coa presenza de Ledicia Costas e temos que darvos unha gran nova:
“LEDICIA COSTAS É A MADRIÑA DA NOSA BIBLIOTECA ”
lunes, 14 de octubre de 2019
DÍA DAS ESCRITORAS 14 DE OUTUBRO
O Día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España onde búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. Desde o Frian non quixemos perder a ocasión de visibilizar a obra das escritoras galegas. Por iso ao longo desta semana fixemos exposicións de libros de escritoras galegas e da nosa cidade, escribimos e recitamos fragmentos dos mesmos e fixemos actividades interniveis entre todo o centro.
A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. Desde o Frian non quixemos perder a ocasión de visibilizar a obra das escritoras galegas. Por iso ao longo desta semana fixemos exposicións de libros de escritoras galegas e da nosa cidade, escribimos e recitamos fragmentos dos mesmos e fixemos actividades interniveis entre todo o centro.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra dos traballos que realizamos e dalgúns vídeos do recitado de fragmentos e poemas que traballou o noso alumnado para esta celebración.
viernes, 11 de octubre de 2019
SONG FOR CLIMATE
This week will be historic. In over 150 countries, people are stepping up to support young climate strikers and demand an end to the age of fossil fuels. The climate crisis won’t wait, so neither will we.
Pupils in grade 2 Primary sing this song while they were waiting for running the mile.
That's why at our school we woke up and created some slogans and today Friday 27th we are going to walk the mille as a parade and we are going to join the movement.
LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
A lectura é un pracer pero moito mais se o facemos ao aire libre.Comezamos o curso coa actividade
"Lendo baixo a mesma estrela", disfrutando de todos os espazos abertos que nos ofrece o noso centro, que son moitos.
Lectura Silenciosa
Lecturas en voz alta
Lecturas en parella e pequeno grupo
Da igual onde, da igual como, da igual con quen.... Sempre é un bo momento para gozar da lectura
viernes, 4 de octubre de 2019
MOCHILAS VIAXEIRAS
Outro ano máis, esta actividade
tivo un gran seguimento por parte do
alumnado e das familias. Coma en anos anteriores
rexistráronse 18 mochilas ( 6 para infantil e 12 para primaria) para que o o
alumnado interesado puidera desfrutar delas durante 10 días coas súas familias
en casa. Incluíuse dentro das mochilas lectura en galego, en castelán e en
inglés, material documental, videográfico,
musical e lúdico
.

martes, 1 de octubre de 2019
Á CHAMADA DUN PLANETA FERIDO
Nesta semana de setembro,todos os niveis do colexio acudiron á chamada dun "Planeta ferido".Sabemos que este traballo, de coidado do Planeta, non remata hoxe, comtinuaremos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









