Xa están medrando as nosas plantas!
Que bonito queda o campo cando isto ocorre!E que importante é para todos e todas nós!
Isto xa o sabía Joaquín Sorolla, que pintou escenas do campo e da vida rural en España. Coñeces a este pintor? Investiga sobre as súas pinturas!
👉 E agora vén a pregunta do noso concurso:
QUE CORES USABA PARA MOSTRAR O SOL E A NATUREZA?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa da biblioteca.
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!