domingo, 30 de noviembre de 2025

CHALLENGE DECEMBRO

Xa recollemos as herbas que non queriamos! Seguro que traballando en equipo todo foi máis doado. Para facer a vendima tamén se traballa en equipo….


Mirade estas fotografías!


                              👉 Animámosvos a descubrir que é a vendima e contestar

ás seguintes preguntas… 

- VICHES ALGUNHA PINTURA QUE MOSTRE VIÑEDOS E 

 PERSOAS RECOLLENDO UVAS EN ESPAÑA? 

- EN QUE ÉPOCA DO ANO CREES QUE SE FAI A VENDIMA?


*Lembra que podedes deixar as respostas no blog

ou na caixa de correo da biblioteca!!

ANIMÁDEVOS!

ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!

 

viernes, 28 de noviembre de 2025

MES DA CIENCIA COA VISITA DO CSIC

 


Realizamos un obradoiro os cursos de 3º e 4º de primaria co CSIC, co gallo do mes da ciencia. Investigamos sobre a vida dos cabaliños de mar, a súa alimentación, morfoloxía, reprodución e curiosidades desde animais mariños.

Podedes ver unha mostra deste obradoiro no seguinte vídeo:


Elaboramos un comecocos mariño:


E recibimos un diploma pola nosa investigación:


GRAZAS CSIC POR ESTE OBRADOIRO!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

 Novembro é o mes da ciencia e no cole realizamos experimentacións, inventos, coñecemos o método científico e sobre todo investigamos aos grandes científicos e científicas  ao longo da historia.

 Nós tamén  xogamos a ser verdadeiros científicos e ciéntíficas.

Podedes ver unha escolma dos nosos traballos:


BO TRABALLO CLASE DE 3 ANOS!!

Experimento na clase de 4 anos:




BO TRABALLO CLASE DE 4 ANOS!!


BO TRABALLO 3ºA!!


BO TRABALLO 5º!!

Experiencia na clase de 5 anos:


       


BO TRABALLO 5 ANOS!!

martes, 25 de noviembre de 2025

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Nesta data tan significativa, todo o alumnado do cole realizou distintas actividades para reivindicar a erradicación deste tipo de violencia que afecta a nosa sociedade.

O alumnado de terceiro realizou un mural no que traballaron as palabras e accións que provocan e están relacionadas coa violencia e as que a rexeitan.

Expoñemos unha mostra do seu traballo colaborativo:





Así finalizaron o seu traballo:


BO TRABALLO!!

ESCOLMA DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 Nos corredores do cole está exposta unha escolma de libros dos fondos da biblioteca co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. O alumnado pode consultar libros e tamén a partir da súa lectura facer algún círculo de diálogo nas aulas para entre todos traballar a solidariedade e a igualdade.





lunes, 24 de noviembre de 2025

SINTONÍZATE COA LINGUA :INICIAMOS CON 6ºA e 6ºB


Iniciamos un novo programa na radio do cole, baixo o nome de Sintonízate coa lingua!, imos realizar un programa de noticias e actualidade co obxectivo de fomentar a comunicación e a expresión oral do noso alumnado en lingua galega.

O alumnado de 6º de Primaria foi o primeiro en iniciar esta nova actividade cunha poesía sobre o xeito de sementar.

Aquí vos deixamos o enlace para que poidades gozar con eles.


BO TRABALLO 6º!!

lunes, 17 de noviembre de 2025

AGASALLO DE LEDICIA COSTAS

 Hoxe no noso cole non foi un luns calquera. Tivemos a sorte de recibir un dos mellores agasallos que pode chegar a unha escola: libros. E o máis importante foi que os enviou: unha persoa moi especial. Nada máis e nada menos  que a nosa madriña da biblioteca: Ledicia Costas.

Xa temos a primicia de contar cos libros de A tenda de xoguetes e Bruxas e dragóns e ademais dedicados.




Grazas Ledicia por lembrarte de nós e agasallarnos cos teus marabillosos libros que permiten que o noso alumnado descubra mundos cheos de fantasía.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Na biblioteca reservamos un recuncho para expoñer as recomendacións lectoras que realiza o alumnado. Deste xeito todos os usuarios e usuarias podemos informarnos da opinión dos nosos compañeiros e compañeiras sobre as distintas lecturas.

Expoñemos no taboleiro as recomendacións de cada grupo cada quince días. Despois son gardadas no arquivador de recomendacións, que está exposto neste recuncho, para ser consultado polo alumnado antes de facer o empréstito semanal. 

Deste xeito, sempre están dispoñibles as opinións lectoras dos demais para axudarnos a elixir as nosas lecturas.

Este curso comenza facendo a súas recomendacións o alumnado de 4º de Educación infantil.

BO TRABALLO 4 ANOS!

domingo, 16 de noviembre de 2025

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA


Nos corredores do cole está exposta unha escolma de libros dos fondos da biblioteca co gallo do mes da ciencia. O alumnado pode consultar e investigar os diferentes experimentos, buscar información e descubrir os distintos fenómenos naturais e físicos.






viernes, 14 de noviembre de 2025

jueves, 13 de noviembre de 2025

CHALLENGE NOVEMBRO

 FRIAN CHALLENGE PREPARANDO A NOSA HORTA!

NOVEMBRO 2025


As ferramentas para traballar na horta

Imos poñernos mans á obra para comezar a nosa horta! Pero antes de sementar, temos que preparar ben a terra: quitar as herbas, remexela e deixala lista para plantar. Iso require traballo e… boas ferramentas!

Antigamente, os labregos e labregas traballaban coa forza das súas mans e con ferramentas moi sinxelas, feitas de madeira ou ferro. 

👉 E agora vén a primeira pregunta do noso concurso:

  •  SABES QUE FERRAMENTAS USABAN AS PERSOAS HAI MOITO TEMPO PARA SEMENTAR E RECOLLER OS SEUS CULTIVOS?

*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!

ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!


miércoles, 12 de noviembre de 2025

COMEZAN OS CONTACONTOS DO VOLUNTARIADO LECTOR

Continuamos este curso cos contacontos na hora de ler dos mércores. Durante todo o curso  o voluntariado lector prepara os seus contos para ler aos seus compañeiros e compañeiras                                    de todo o cole.

O voluntariado de 5º e 6º len a todos os demais cursos.

 Organizados por grupos preparan as súas lecturas:






Moi ilusionados iniciaron os contacontos. Hoxe comeza a súa          andaina e se estenderá ao longo de todo o curso.



                                     Así resultou a xornada: 
 



GRAZAS VOLUNTARIADO!!