viernes, 20 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 3ºB PARA O NADAL

 O alumnado de 3ºB recomenda unhas divertidas lecturas para o Nadal!!

 Esperamos que vos axuden a elaborar as vosas cartas de Reis!!

Felices Festas!

 

VOLUNTARIADO LECTOR NO NADAL

 Durante o mes de decembro o voluntariado lector preparou contos relacionados ca festividade do Nadal.  

Ademais, o alumando de sexto dende as titorías preparou unhas pequenas obras de teatro, onde eles mesmos elaboraron o guión, pensaron o decorado, a vestimenta e organizaronse entre eles.

Aquí vos deixasmos un vídeo onde podedes ver algúns dos marabillosos momentos vividos.

Moitas grazas voluntariado lector e alumnado de sexto!

Bo Nadal!!

O VOLUNTARIO VISITA A RESIDENCIA DomusVi DE TEIS


Esta semana o voluntariado da nosa biblioteca de 6º de Educación Primaria realizou unha visita a residencia DomusVi de Teis.

Previa á visita, dende o equipo de Plurilingüe da Escola elaboráronse tarxetas de felicitación de Nadal para cada un dos residentes de maneira personalizada; levadas a cabo polo alumnado durante as sesións de Arts.
Ademais preparáronse panxoliñas en diversas linguas, incluída unha en lingua de signos.

Foi unha experiencia moi enriquecedora é emotiva tanto para os maiores como para o alumnado da nosa escola.

Aquí vos deixamos un vídeo desta xornada!

 
Grazas DomusVi por recibirnos con tanto agarimo!


viernes, 13 de diciembre de 2024

A NOSA CDU NADANDO POLA BIBLIOTECA DE FRIAN!





Este ano como estamos traballando no PDI os mares e océanos do noso planeta, elaboramos en formación de usuarios unha CDU moi mariña. Repartimos o traballo entre os diferentes cursos da escola, investigamos as categorías e levamos a cabo unha tarefa plástica; de tal xeito que o resultado é moi divertido e gráfico.

Aquí tedes un vídeo do resultado. Esperamos que vos guste:





 


miércoles, 11 de diciembre de 2024

NADAL

 


 Durante o tempo de Nadal, no corredor de primaria temos esta escolma de fondos bibliográficos para escoller a nosa lectura no tempo de ler.












lunes, 2 de diciembre de 2024

CHALLENGE FRIAN DECEMBRO

  

Chegamos ao mes do Nadal e temos que falar de Papá Noel!

Propoñémosvos que investiguedes onde vive Papá Noel?

Queremos que averigüedes o nome da cidade onde vive Papá Noel, imos darvos as seguintes pistas:

- esta cidade está en Laponia.

- nesta cidade pódese cruzar o Círculo Polar Ártico.

- nesta cidade pódense ver espectaculares auroras boreais.

Cando saibades o nome da cidade onde vive Papá Noel, queremos saber tamén cal é o océano que está máis cerca dela.

*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa de correos da biblioteca!

ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS E VOS DESEXAMOS BOAS FESTAS!