Se estrear unha nova biblioteca, un novo espazo para os nosos cativos, é algo moi ilusionante. Aínda podemos decir que o é máis cando este novo espazo está cheo de cor e ilustracións que nos fan voar e soñar coa lectura
No noso centro temos a sorte de contar con Leonor, un nai do cole , artesana , ilustradora e apaixonada do seu traballo. Emprendedora e creadora da súa propia empresa "Como pez en el agua" , quixo deixar de lado unhas horas do seu tempo para vir ao Frian e colaborar con nós.
Non foi mellor acerto contar con ela ,que puxo toda a súa ilusión por deixar a nosa biblioteca o máis bonita posible.
O resultado non se pode describir con palabras. Só ver as caras dos pequenos ao entrar e ver a ilustración é a proba do ben que quedou!!!
Grazas Leonor por deixar esta pegada tan bonita neste recuncho do cole que é tan importante para todxs!!!!
