RECOMENDACIÓNS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- ODESéate
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
jueves, 29 de abril de 2021
Lumba" O cocrodilo que alcanzou o seu soño". Apadriñamento e sorteo
DISPARATES LITERARIOS
A hora de ler é un dos momentos máis importantes da xornada escolar. Un momento que sirve de canle entre a lectura e o xogo , coa utilización de diferentes extratexias lectoras.
Na clase de 3ºA o saben ben, por iso quixeron elaborar uns
"Disparates literarios" en galego para compartir co resto de alumnado do Frian.
sábado, 24 de abril de 2021
CONTACONTOS INFANTIL " PIRULO"
APADRIÑAMENTO LECTOR
Na celebración do día do Libro e os apadriñamentos lectoras son unha das actividades máis motivadoras e que máis lle gustan o alumnado. Por iso neste ano tan especial e tan fóra do común non quixemos deixar de levalos a cabo. Os cursos superiores prepararon unha lectura e a súa dramatización e apadriñaron aos cursos inferiores do cole.


Os mestres do Frian apostan pola lectura!!!
Ben sabemos de todos os beneficios que ten a lectura sobre cada un de nós, de o ben que nos fai sentir e de todo o que nos fai transmitir...
Por iso o profesorado do Frian quixo explicarlles a todo o alumnado o que a lectura significa para eles.
Abride ben os ollos e prestade atención!!!
" LER É UN AGASALLO SEN CANCELAS" ELVIRA RIBEIRO :VOLUNTARIADO LECTOR
A autora Elvira Ribeiro para a conmemoración do día do Libro elaborou un escrito sobre a importancia da lectura e os libros. Por iso os voluntarios do Frian quixeron aproveitar a ocasión e poñer a súa voz na lectura deste escrito.
OBRADOIRO/CONTACONTOS "LOS MELLIZOS LUNA"
O 23 de abril festexamos o día do libro coa realización dun obradoiro/contacontos do libro "Los mellizos Luna". No Frian temos a sorte de contar coa súa autora entre as nosas mestras.
Por iso non quixemos perder a oportunidade de levar a cabo un contacontos en directo coa elaboración de diferentes obradoiros.
Aquí vos deixamos un booktrailer do conto e a propia autora realizando un contacontos para que non vos perdades nada.
E para rematar aquí tendes unha pequena mostra de o ben que o pasamos con este conto no día do Libro e como gozamos con todas as actividades relacionadas con el .
A primavera : unha estación para ler!!!
Se sempre ler é un pracer , cando chega a primavera e a nosa estrela favorita , aínda temos máis ganas de ler o aire libre. Por iso a actividade "Lendo baixo a mesma estrela" nos gusta tantísimo cando sae o sol.
viernes, 23 de abril de 2021
OS OFICIOS NO CINE E MÁIS CON 4 ANOS B
Os nenos e nenas de 4 anos B estivemos traballando como funciona o mundo do cine e contamos a nosa investigación cun poema. Explicamos os oficios do cine, as técnicas de gravación e os distintos planos da cámara. Como non podía ser doutro xeito, rematamos a nosa reportaxe coa nosa propia interpretación.
Esperemos que o desfrutedes!!
GRAZAS 4 ANOS B
Bo traballo!!
miércoles, 21 de abril de 2021
viernes, 16 de abril de 2021
ADIVIÑAS DE PELIS CON 4 ANOS A
Os nenos e nenas de 4 anos A xogamos ás adiviñas con varias películas de cine infantil. Estivemos traballando vocabulario, títulos e portadas. Aprendemos novas palabras e descubrimos como podemos facer pistas para poder adiviñar.
Xogamos a adiviñar pelis con 4 anos A? Xogades tamén?
Esperemos que o disfrutedes!!
GRAZAS 4 ANOS A
Bo traballo!!
jueves, 8 de abril de 2021
RECOMENDANDO CONTOS!!!
Comezaron as recomendacións lectoras deste último trimestre. O alumnado de Educación Infantil, en concreto as aulas de 4 anos e de 5 anos nos traen unhas recomendacións moi divertidas e que farán as delicias de todos.