jueves, 5 de noviembre de 2026

VOLUNTARIADO : COMEZAMOS

O voluntariado lector lévase a cabo polo alumnado de 5º e 6º. É sen dúbida unha oportunidade única de axudar e colaborar co resto do alumnado na formación e utilización da biblioteca escolar.
Unha vez inahugurada a biblioteca este 24 de outubro, os voluntarios comezaron xa a facer moitas das súas colaboracións.

MÉRCORES DE CONTO


ORGANIZACIÓN E CLASIFICACIÓN DOS FONDOS


FORMACIÓN DE USUARIOS 



Aínda acabamos de comezar e os voluntarios están entusiasmados con todo o que poden aportar para que a nosa biblioteca sexa un lugar de encontro.

O UNIVERSO: PROCURA DE INFORMACIÓN DOCUMENTAL (ALFIM) 4ºA

O alumnado de 4ºA a través dun proceso de información documental recopilaron información sobre o universo e os planetas. Elaboraron unha exposición na biblioteca do centro, onde o alumnado compartiu os seus traballos: planetas, constelacións, galaxias, curiosidades...

 

A través da información documental o alumnado non só aprende,senón que é capaz de xestionar a información, analizar a veracidade da mesma, organizar e clasificar...

  





Grazas a todos e todas por compartir esta información con nós!!!









 

lunes, 2 de noviembre de 2026

COMEZAMOS COAS MOCHILAS VIAXEIRAS E O EMPRÉSTITO

 A nosa biblioteca xa comezou a funcionar e as mochilas viaxeiras comezan a visitar os diferentes hogares dos nenos e nenas do Frian. Ademais comezamos tamén co empréstito semanal. Como nos gusta ver a nosa biblioteca en funcionamento!!!




CHALLENGUE FRIAN MES DE NOVEMBRO : EUROPA

 Comezamos o concurso visitando o noso continente, o continente Europeo. Faremos tres paradas en: Paises Baixos, Dinamarca e Escocia. Responde as preguntas e anímate a viaxar con nós. :) 











CHALLENGUE FRIAN " VIAXANDO POLO MUNDO"

 Outro curso máis comezamos co noso concurso Challengue Frian sobre o PDI do curso que este ano adícase ao turismo. O PDI chámase " Viaxando polo mundo: coñecendo outras culturas" e por iso o noso concurso anual nos fará viaxar polos diferentes continentes coñecendo curiosidades e tradicións de diferentes países. Para iso completaremos o noso pasaporte viaxeiro que conseguimos na xincana do día das bibliotecas escolares. Estades preparados???