O alumnado de 6º B realiza as súas recomendacións das súas lecturas favoritas:
ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
viernes, 27 de febrero de 2026
miércoles, 18 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA ESPELLO DA NATUREZA
Realizaron unha presentación baseada en ditos poemas e levaron a cabo unha actividade plástica. Colorearon paisaxes, flores, produtos da horta, ... no propio rostro de Rosalía, que soubo plasmar maxistralmente o seu amor pola terra, polas nosas xentes e polo nosa lingua.
Ademais descubriron O Herbario de Rosalía de Castro e coñeceron o seu Xardín Botánico:
Rosalía converteuse nunha das grandes cantoras da nosa paisaxe. A súa obra mestura, de xeito maxistral tres ingredientes: as xentes, a natureza e o idioma.
O PATRIMONIO BOTÁNICO DA CASA DE ROSALÍA.
https://rosalia.gal/a-casa/patrimonio/patrimonio-botanico/
AUDIOGUÍAS DA VISITA AO XARDÍN.
https://rosalia.gal/a-casa/audioguias-da-visita-ao-xardin/
O resultado do traballo do alumnado de primeiro de primaria foi excelente:
ESCOLMA DO DÍA DE ROSALÍA
martes, 17 de febrero de 2026
ENTROIDO
Este ano o cole encheuse de labregos e labregas, sandías, morcegos, vexetais, cociñeiros e cociñeiras dos produtos da nosa horta, espantallos e campesiños e campesiñas. Todos os nosos disfraces relacionados co PDI: "Sementamos e recollemos vínculos, cos pés na terra"
lunes, 9 de febrero de 2026
SINTONÍZATE COA LINGUA DE 3ºB
DÍA MUNDIAL DA RADIO CON RADIO ESPORA
Chega un ano máis o convite da Rede Espora para que participemos no Día Mundial da Radio, xa que formamos parte desta “rede”. Deste xeito, ao participar, a nosa radio únese ao mundo das radios escolares, a través da canle Unesco do Día Mundial da Radio.
Nesta ocasión, o alumnado de 4ºA , realizou unha escaleta e gravou un microteatro radiofónico sobre un acontecemento hipotético que aconteceu en Galicia.
Escoitade con atención:
DÍA MUNDIAL DA RADIO CON PONTE NAS ONDAS
A Unesco proclamou o 13 de febreiro como o Día Mundial da Radio. Desde 1995, a Asociación Cultural e Educativa PONTE...NAS ONDAS! promove a radio escolar como un recurso educativo que contribúe a mellorar as habilidades comunicativas do alumnado.
Desde o noso cole participamos este ano no Día Mundial da Radio cunha iniciativa proposta por PNO. Queremos ensinar como é a nosa radio escolar, como funciona, onde está e quen pode participar. O alumnado de 5º de Educación Infantil e o alumnado de 4ºB, realizaron e gravaron un vídeo para explicar a nosa RadioFrian.
Preme no enlace para ver o resultado:
https://drive.google.com/drive/u/0/folders/1MwhLHzbzNzFu6R-_O1OdDKT0y3kpBWlP

FELIZ DÍA DA RADIO!
domingo, 8 de febrero de 2026
sábado, 7 de febrero de 2026
SINTONÍZATE COA LINGUA DE 4ºA
O alumnado de 4ºA participou no Día da Radio con Rede Espora. Elaboraron unha escaleta e gravaron un microteatro radiofónico. Agora recollen este traballo no noso programa: Sintonízate coa Lingua.
lunes, 2 de febrero de 2026
CHALLENGE FEBREIRO
A importancia da auga
Xa aprendemos o ano pasado a importancia da auga para todos os seres vivos. As plantas tamén necesitan dela para medrar fortes e dar os seus froitos! Temos que regalas!!
Non esquezamos que para que medren fortes hai que coidalas a diario, botarlle auga e observalas.
E agora vén a seguinte pregunta do concurso:
SABEDES QUE RÍOS EN ESPAÑA SON MOI IMPORTANTES PARA REGAR OS REGADÍOS DOS CULTIVOS?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
.gif)
























.gif)


.jpg)

.jpg)

.gif)

.gif)