miércoles, 17 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2025

 Como sempre, durante as Navidades un dos mellores agasallos son libros. Dende a Escola facemos estas recomendacións. Seguro que Papá Noel e os Reis Magos teñen en conta este genially!

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe title="UN NADAL CHEO DE LECTURAS 25/26" frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genially.com/693023874b71321d3ae326d8" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div> 

O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA VISITA POLO NADAL AS RESIDENCIAS DE MAIORES DE DOMUSVI EN TEIS E FÁTIMA

 


Chegou o tempo de Nadal e o voluntariado da nosa biblioteca  realizou unha visita a residencia de maiores de DomusVi de Teis e de Fátima.

Previa á visita, dende o equipo de Plurilingüe da Escola organizouse a elaboración de  tarxetas de felicitación de Nadal para cada un dos residentes de maneira personalizada. 
A parte artística levouse a cabo durante as sesións de Arts e a expresión escrita realizouse nas clases de lingua.
Ademais preparáronse panxoliñas en diversas linguas.





Foi unha experiencia moi enriquecedora é emotiva tanto para os maiores como para o alumnado da nosa escola.

Aquí vos deixamos unha escolma desta xornada!

                   






GRAZAS ALUMNADO VOLUNTARIO!
 E 
GRAZAS DOMUSVI!!

martes, 16 de diciembre de 2025

CONSTRUÍNDO A SENDA DE FRIAN

 As mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina este curso e coa proposta que están levando a cabo as familias, a nosa biblioteca estase enchendo de pedras decoradas para elaborar entre toda a comunidade escolar "A Senda de Frian" para decorar a nosa horta.

Grazas familias polo voso traballo e colaboración!!




   Primeiras pedras para a nosa senda!

lunes, 15 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de 5 anos fai  recomendacións das súas lecturas favoritas. 

Estes libros están dispoñibles na nosa biblioteca.

BO TRABALLO 5 ANOS!!

lunes, 8 de diciembre de 2025

SINTONÍZATE COA LINGUA DE 5ºB

  O alumnado de 5ºB realizou un obradoiro de radio no que estiveron experimentando e aprendendo técnicas para gravar programas de radio.

Traballaron por grupos e cada un elixiu unha temática.

Neste episodio realizan a lectura do libro da Sireiña:

No seguinte episodio fan unha presentación do  seu Libro de Ciencias preferido:


BO TRABALLO 5ºB!

SINTONÍZATE COA LINGUA DE 5º A

 O alumnado de 5ºA realizou un obradoiro de radio no que estiveron experimentando e aprendendo técnicas para gravar programas de radio.

Traballaron por grupos e cada un elixiu unha temática.

Neste episodio realizan unha presentación do libro O diario de Greg e outra sobre o autor Antonio García Teixeiro:


Neste outro episodio realizan unha presentación sobre o escritor Xosé Neira Vilas e sobre a escritora Ledicia Costas:


BO TRABALLO 5ºA!

OBRADOIRO DE RADIO DE 5º DE PRIMARIA

Esta semana, o alumnado de 5º de primaria realizou un obradoiro de formación no manexo da radio escolar. Primeiro tiveron unha sesión teórica e despois pasaron a poñer en práctica estes coñecementos.

Elaboraron un guións de presentacións de programas por equipos. Gravaron e sentíronse verdadeiros locutores e locutoras. Resultou moi motivador e todo o alumnado quedou con ganas de realizar máis programas de radio.






BO TRABALLO ALUMNADO DE 5º!!

sábado, 6 de diciembre de 2025

ESCOLMAS DE NADAL

 Chega o Nadal!


Xa está disposta, polos corredores do cole e da biblioteca, unha escolma cos fondos de libros e contos de Nadal.

Animádevos a lelos!!








jueves, 4 de diciembre de 2025

A NOSA CDU COS PÉS NA TERRA

 Este ano como o noso  PDI  titúlase: "Sementamos e recollemos vínculos, cos pés na terra". Elaboramos nas sesións de  formación de usuarios unha CDU con raíces.

 Repartimos o traballo entre os diferentes cursos da escola, investigamos as categorías e levamos a cabo unha tarefa plástica. 

O resultado é moi divertido e gráfico para consultar as distintas categorías á hora de seleccionar os libros.

Así quedou a nosa CDU:












BO TRABALLO FRIAN!