ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
lunes, 31 de marzo de 2025
3ºB RECOMENDA AS SÚAS LECTURAS FAVORITAS!
viernes, 28 de marzo de 2025
SEMANA DA PRENSA
O alumnado de 3º A realizou o seu noticieiro explicando a actividade que levou a cabo o alumnado de cuarto de primaria do cole, co gallo da celebración da semana da prensa.
Esperamos que vos guste!
jueves, 27 de marzo de 2025
CUCHUFLETA, CHEGOU Á NOSA BIBLIOTECA!!
domingo, 23 de marzo de 2025
NOTICIEIRO 3ºB : A RECONQUISTA DE VIGO
O alumnado de 3º B dedican o seu noticieiro a explicar a historia e costumes da festa da Reconquista de Vigo. Realizan un traballo sobre unha parte moi importante da historia da nosa cidade. O próximo venres é festivo en Vigo para conmemorar a data na que os vigueses e viguesas loitaron pola súa identidade.
Esperamos que vos guste!
viernes, 21 de marzo de 2025
O OCÉANO DE FRIAN SEGUE CRECENDO
jueves, 20 de marzo de 2025
VISITA DA ESCRITORA ÉRICA ESMORÍS
Hoxe visitounos a escritora de literatura infantil Érica Esmorís, para compartir co alumnado de 1º e 2º de EP un obradoiro de creación literaria. Compartimos vivencias da lectura do libro "Analfabeta" e contounos unha morea de cousas sorprendentes deste libro.
Anímate a lelo!
Compartimos un vídeo deste obradoiro:
miércoles, 19 de marzo de 2025
OS MÉRCORES LEN OS VOLUNTARIOS
Os mércores seguen a ler nas aulas os voluntarios da biblioteca. Organizados por parellas, preparan as súas lecturas e tamén realizan diversas dinámicas de animación á lectura.
Este mércores na clase de 3 anos, despois do conto:
ESCOLMA DE FONDOS BIBLIOGRÁFICOS NO DÍA DA POESÍA
martes, 18 de marzo de 2025
LECTURA E FAMILIAS: 1º OBRADOIRO CON LEONOR DÍAZ
Hoxe inauguramos os obradoiros de Lectura e Familia, unha iniciativa para xuntarnos as distintas familias do cole e realizar actividades cos nenos e nenas de xeito conxunto. O obxectivo é pasar un tempo divertido e motivador entre todos e todas.
Tivemos a sorte de contar na nosa biblio cun taller da man de Leonor Díaz, do taller artesanal "Como pez en el agua".
A proposta foi realizar de maneira colaborativa o símbolo do 8M para conmemorar o Día Internacional da Muller. Os nenos, nenas e as súas familias realizaron a técnica de pintar sobre madeira.
O resultado foi espectacular!
sábado, 15 de marzo de 2025
CóntochoEu DE 3º A
O alumnado de 3ºA presenta o seu CóntochoEu, escriben e gravan unha historia sobre a igualdade de dereitos e a idea de que todos e todas contamos porque somos únicos e únicas.
lunes, 10 de marzo de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DÍA DA POESÍA
Este curso unificamos a conmemoración do Día da Muller e o día da Poesía. A proposta da biblioteca foi crear un mural colaborativo entre todos e todas.
Elaboramos unha liña do tempo sobre as mulleres científicas vinculadas á investigación da vida dos océanos e mares, temática elixida en relación ao noso PDI: "Mares e océanos: un recurso vital"
E no mesmo mural, recollemos poesías creadas polo alumnado e plasmadas en escamas para formar peixes no océano de Frian.
Jorge e Nela explícannos esta proposta:
viernes, 7 de marzo de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
jueves, 6 de marzo de 2025
CHALLENGE FRIAN : MES DE MARZO
FRIAN CHALLENGE MARZO
Mar Rojo (Exipto):
Continuamos a nosa viaxe co capitán Nemo polas profundidades dos mares e atopamos un lugar cheo de historia. O Mar Rojo! Este mar debe o seu nome a unha alga (Trichodesmium erythraeum) de ese cor que durante as súas floracións (si, as algas tamén florecen) fai que todo ao mar sexa vermello. Cerca de aquí naceron os grandes civilizacións como foron os exipcios, os gregos e os romanos.
• Pregunta 1: Aparte do mar Rojo, sabedes que outros catro mares teñen o nome dunha cor?
• Pregunta 2: Que cidade submarina do Mar Rojo impresionou aos tripulantes do Nautilus?
ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
lunes, 3 de marzo de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 5º DE EI
O alumnado de 5º de EI fan unhas recomendacións das súas lecturas favoritas.
Están dispoñibles na biblio de Frian!