ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
 - ANIMACIÓN Á LECTURA
 - AVALIACIÓN
 - BIBLIOTECA CREATIVA
 - CAIXAS TEMÁTICAS
 - CELEBRACIÓNS
 - CONCURSOS
 - CÓNTOCHO EU
 - DÍGOCHO EU
 - FICCIÓN DIXITAL
 - FORMACIÓN DE USUARIOS
 - FORO
 - FRIANCINE
 - HORA DE LER
 - LECTURA E FAMILIAS
 - LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
 - MAKER SPACE
 - MOCHILAS VIAXEIRAS
 - NOTICIEIRO
 - NOVOS ESPAZOS
 - PDI
 - PRÉSTAMO
 - RADIO ESCOLAR
 - RECOMENDACIÓNS
 - RECURSOS ONLINE
 - VENRES DE VIVA VOZ
 - VISITAS
 - VOLUNTARIADO
 
sábado, 29 de abril de 2023
viernes, 28 de abril de 2023
COMPARTINDO EXPERIENCIAS COA E.E.I ARAGÓN
Durante o mes de decembro os nosos voluntarios da biblioteca visitaron a E.E.I Aragón para compartir unha xornada chea de emocións os contos e os obradoiros e compartir experiencias vividos nos encantaron.
Por iso nesta ocasión , e para festexar a Semana do Libro, tocoulles a E.E.I Aragón visitar as nosas instalacións.
As mestras da escola levaron a cabo un contacontos na nosa biblioteca e o noso centro levou a cabo un obradoiro de luz negra con actividades variadas así como un obradoiro de chapas xunto con unha merendola especial e o picnic literario.
PICNIC LITERARIO APADRIÑAMENTO LECTOR
Hoxe coa celebración da semana do Libro todos as aulas levamos a cabo a actividade de Apadriñamento Lector pero cun toque especial levando a cabo un Picnic Literario. Un picnic donde os libros son os protagonistas e onde ler o aire libre nos motiva aínda mais.
Os alumnos dos cursos maiores son os padriños dos cursos mais pequenos e foron os encargados de ler estes contos escollidos especialmente para cada un deles. Como agasallo os pequenos lles deron un marcapáxinas elaborados por eles.
Ademais aproveitamos a visita da E.E.I Rúa Aragón para levar tamén a cabo esta acitividade de Apadriñamento con escolas da nosa contorna.
Sen dúbida unha experiencia inolvidable e chea de emocións!!!
miércoles, 26 de abril de 2023
3º OBRADRIO " LECTURA E FAMILIAS" :MUSICOTERAPIA
domingo, 23 de abril de 2023
DÍGOCHO EU 5ºB: PALABRAS E DITOS EN GALEGO
O alumnado de 5º B ensínannos unha chea de palabras e ditos que por influencia da lingua castelá as dicimos de forma errónea en galego.
Amosa moita atención e descubre novo vocabulario para empregar no noso día a día.
Moi bo traballo rapaces e rapazas,
NORABOA!! 
viernes, 21 de abril de 2023
SE TI LES, EU LEO. LECTURA COMPARTIDA 5ºB-1ºB
O alumnado de 5ºB e 1ºB pasaron unha xornada de lecturas compartidas. Os nenos e nenas de 5ºB fixeron unha representación teatral sobre o libro "El emocionómetro del Inspector Drilo" meténdose no papel das diferentes emocións, mentres que os nenos e nenas de 1ºB recitaron un poema titulado "La luna".
Ademáis compartiron o tempo de lecer durante o recreo. Pasáronno xenial e con gañas de repetir.
Moi bo traballo rapaces e rapazas!!
jueves, 20 de abril de 2023
OBRADOIRO ROBOTICA " CREA O TEU ROBOT" FUNDACIÓN A BANCA
O alumnado de E.I tivo a visita este pasado xoves de Gonzalo e Marina que nos fixeron un obradoiro para elaborar os nosos propios robots pintores.
Que doado cunha pequena batería , unha pila e un clip creamos uns robots artistas.
lunes, 17 de abril de 2023
DÍGOCHO EU 5º A: O CORPO HUMANO
 A rapazada de 5º A fixo un concurso moi entretido sobre os nomes dos ósos do corpo humano. 
Animádevos a participar neste concurso, seguro que adiviñades un montón de preguntas.
Moi bo traballo, noraboa!!
jueves, 13 de abril de 2023
2º FORMACIÓN DO PROFESORADO IMPRESIÓN 3D
O pasado xoves fixemos no cole a 2ª sesión de formación de impresión 3D. Coñecimos de preto a nosa impresora 3D e outra posible impresora que utilizan no CEFORE.

.jpg)
.jpg)





