lunes, 31 de octubre de 2022

EXPOÑENDO CIENCIA : ESCOLMA PARA EXPERIMENTAR 22/23

 O mes de novembro adícase ao mes da Ciencia. Un mes para experimentar , crear, investigar e ir á procura de información. Por iso no cole dotamos ao noso alumnado e profesorado de recursos e contos.


viernes, 28 de octubre de 2022

CONTACONTOS TEMÁTICO DE SAMAÍN : VOLUNTARIADO IMPLICADO

 Dúas alumnas de 6ºB que pertencen o voluntariado da BE levaron a cabo un contacontos temático de Samaín. 

Caracterizadas e con atrezo para a ocasión non deixaron indiferente a ningún dos cativos de infantil que quedaron abraiados e un pouco temerosos do gran contacontos que levaron a cabo.








BLANCO COMO LA NIEVE: OS NENOS DE 5 ANOS B RECOMENDAN

Os cativos de 5 anos B traballaron o conto de " BLANCO COMO LA NIEVE" durante estos días e quixeron recomendarnos este conto a través da súa cantiga que nos gusta tanto.
 Vos apetece coñecer o conto??

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE SAMAÍN : 5 ANOS A

 Os peques de 5 anos A encántalles a lectura e cando é Samaín aínda máis .Aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras do mais terroríficas!!!




MOCHILAS VIAXEIRAS.... COMEZAMOS A VIAXAR!!!

Unha vez inahugurada a biblioteca podemos dar comezo ao empréstito das mochilas viaxeiras.Unhas mochilas cheas de ilusión, contos e experiencias para vivir en familia.
Ademais neste curso unha sorpresa para realizar en familia podemos atopar dentro.
Unha actividade especial que nos unirá como comunidade educativa. 
Que comece a viaxe!!!



 

“LIBROS QUE VAN E VEÑEN”:COMEZAMOS

 Xa chegou o día das bibliotecas escolares e con el damos comezo ao empréstito bibliotecario!!!Libros que van e veñen as nosas casas e que nos fan gozar e disfrutar!!!😍🤩







VENRES DE VIVA VOZ 5º A: OS INICIOS DA ARTE

En 5º A están investigando a nosa historia, facendo unha liña do tempo das súas distintas etapas.E xa que o PDI deste ano vai de arte, quixeron ensinarnos a súa cova prehistórica, na que decoraron as súas paredes con pinturas rupestres expresando as emocións e vivencias dos nosos antepasados.

Desfutade do seu traballo e esperamos que o disfrutedes!!!




Moi bo traballo!!




jueves, 27 de octubre de 2022

DÍGOCHO EU 2ºA: NO SAMAÍN

O alumnado de 2º A encántalles falar e aprender galego así que aproveitaron o seu Dígocho eu para adicarllo a todas aquelas palabras galegas que se din no Samaín.Son moitas as curiosidades que non vos podedes perder!!! 
Noraboa rapaces e rapazas!!


 

RECOMENDACIÓNS SAMAÍN 22/23

NOTICIEIRO 5 ANOS A : FALECE MAMÁ COCO

O alumnado de 5 anos A quixo rendirlle homenaxe a avóa que inspirou a Mamá Coco e que faleceu recentemente aos 109 anos.

lunes, 17 de octubre de 2022

VENRES DE VIVA VOZ 6ºB: A LENDA DE PONTEVEDRA


 O alumnado de 6º B cóntanos unha interesantísima lenda sobre a cidade de Pontevedra chamada "Noa e Teucro, o grego errante" e como a través desta historia fundouse esta fermosa cidade.

Queres coñecer a orixe desta cidade?? 


domingo, 9 de octubre de 2022

OS PEQUES DO COLE COÑECEN A BIBLIOTECA

 Os  máis cativos do cole chegan con moitas ganas de coñecer a nosa biblioteca, os contos que tanto lle gustan e como funciona a biblioteca do cole. Para iso coñecen os diferentes pictogramas da zona de infantil así como a colocación e as normas de funcionamento. Un bo coñecemento da biblioteca dende ben pequenos creará uns usuarios responsables e motivados pola lectura. 



DÍGOCHO EU 1ºB: AS CORES


O alumnado de 1º B preparou o seu " Dígocho eu" a través dun conto titulado " O cempés que cambiou de cor" e a través del facemos un repaso das cores en galego. 
Qué doado é falar ben galego!!!!



 

NOTICIERIO 4º B: OS CANTEIROS

O alumnado de 4º A quixo adicar o primeiro noticiero deste curso a un oficio cunha gran tradición en Galicia, un oficio que a día de hoxe perdura e é de vital importancia na nosa sociedade: Os canteiros.
Queredes coñecer un pouco máis desta tradición??? 



miércoles, 5 de octubre de 2022

NOTICIERO 4ºA : A CASA AZUL DE FRIDA KHALO

Comezamos este curso co Noticieiro de 4º A que o quixeron adicar a Casa Azul de Frida Khalo convertida en museo coa morte da artista. 
Queredes saber onde está e algunha das súas peculariedades?
 Noraboa rapaces !!!


lunes, 3 de octubre de 2022

DÍGOCHO EU 1ºA : OS ANIMAIS MARIÑOS


O alumnado de 1ºA elaborou o primeiro " Dígocho eu " deste curso traballando o vocabulario dos animais mariños. 
Que ben o facedes rapaces!!!!




 

VENRES DE VIVA VOZ 6º A : "LA CANCIÓN DEL PIRATA" ESPRONCEDA

O poema " La canción del pirata" de José de Espronceda é un dos poemas máis coñecidos do romanticismo español. Forma parte do libro Poesías.

É unha composición sobre liberdade e independencia que forma parte dos 5 poemas que Espronceda dedica aos marxinais da sociedade en señal de protesta: pirata, mendigo, verdugo, cosaco e o reo da morte.

O alumnado de 6º A recita esta poema para levar a cabo o primeiro venres de viva voz deste curso.