RECOMENDACIÓNS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- ODESéate
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
martes, 25 de mayo de 2021
domingo, 23 de mayo de 2021
RASTRILLO SOLIDARIO " CARING BOOK MARKET"
A idea do rastrillo solidario xurdiu como unha idea para apoiar a toda aquela xente que coa situación pandémica o estaban a pasar mal. A vosa participación e colaboración coma sempre non nos deixa de sorprender. A solidariedade que caracteriza ao Frian é o reflexo do ben que funciona a nosa Comunidade Educativa. Grazas a todos por colaborar e inculcar aos nosos pequenos estes valores tan importantes!!!!
OS MÁIS CATIVOS RECOMENDAN
O alumnado de Educación Infantil nos recomendan algúns dos contos que máis lles gustan. Animádevos a lelos!!!
A GALA DOS ÓSCARS NA RADIO FRIAN
Coa celebración da Gala dos Óscars , algunhas das clases do Frian como 2ºA e 6ºA quixeron rendir unha homenaxe a estes premios levando a cabo a súa particular gala a través da radio escolar. Non vos perdades estes dous programas tan especiais.
XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS DE 5º A
Este curso adicado ao mundo do cine, o noso traballo de investigación centrouse nos xéneros cinematográficos. Primeiro partimos das nosas ideas previas sobre o tema e propuxémonos o reto de gravar as nosas propias curtametraxes. Buscamos información e diferenciamos as distintas características de cada un dos xéneros do cine. Organizámonos por equipos, seleccionamos o xénero e cada grupo encargouse de elaborar o guion, seleccionar os personaxes, establecer vestiarios, elaborar a plantilla dos planos a gravar, elexir a música... Foi un traballo de equipo, de buscar consenso, de ensaiar, de producir e de poñer en escena os mesmos pasos que se necesitan para a elaboración dunha curtametraxe.
Para recoller estas curtas elaboramos un genially coa nosa propia carteleira.
Collede os flocos de millo e a desfrutar dos estrenos de cine de 5ºA!!
lunes, 17 de mayo de 2021
XELA ARIAS " DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega nos deixa unha recopilación de todos os recursos e traballos que se levaron a cabo no Frian para a celebración do día das letras galegas en homenaxe a escritora Xela Arias.
viernes, 14 de mayo de 2021
CONCURSO DE PODCAST "XELA ARIAS"
Este curso que implantamos a nosa Radio Frian non quixemos deixar de participar no concurso de Podcast adicado a Xela Arias. Non tivemos sorte e non resultamos seleccionados pero a experencia mereceu a pena porque facer radio sempre é toda unha aventura.
Aquí vos deixamos os 3 podcast cos que participamos no concurso. Esperamos que vos gusten!!!
martes, 4 de mayo de 2021
MÁIS QUE LECTURA NA HORA DE LER!!!
Na hora de ler son moitas as actividades e dinámicas de animación a lectura que podemos facer.
Na clase de 5 anos nos encantan os contos pero son tamén levamos a cabo outras dinámicas como " As tarxetas contacontos" ou " Secuencias temporais ".
No seguinte video podedes ver o ben que pasamos!!!
LENDO CLÁSICOS E NOVOS TÍTULOS: LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
" DE CONTO A PELÍCULA" 5 ANOS B :VENRES DE VIVA VOZ
Os nenos e nenas de 5 anos B presentamos o noso traballo de investigación:
“De conto a película” .
Fixemos un percorrido pola orixe do cinema, os aparatos para gravar, as primeiras películas mudas, a historia e os comezos deste mundo tan fanfástico. Rematamos a nosa produción cunha selección dos contos que pasaron ao mundo do cine, finalizando co incrible universo Disney.
Animádevos a coñecer o noso traballo!
Esperemos que o disfrutedes!!
GRAZAS 5 ANOS B
Bo traballo!!
A andaina do Venres de Viva voz remata con este marabilloso
traballo de 5 anos B. Foi un longo percorrido desde o
comezo deste curso tan singular ata hoxe,cando xa estamos
a piques de finalizalo. Semana tras semana, cada clase foi
aportando o seu traballo, a súa investigación e a súa
versión do mundo incríbel do cinema.
Seguro que todos e todas aprendimos o funcionamento,a
historia e toda a engrenaxe que fai que unha película nos
chegue a emocionar de tal xeito que pase a formar parte das
nosas lembranzas e vivencias.
Grazas a todos os nenos,nenas,mestres e mestras do cole
polo voso traballo,dedicación e sobre todo por compartilo
con toda a comunidade educativa.Pero sobre todo grazas ao
mundo do cine por emocionarnos día tras día e por ensinarnos a vivir sempre no mundo da fanstasía.
ATA SEMPRE!
lunes, 3 de mayo de 2021
O DÍA DO HUMOR :3º B
O alumnado de 3ºB na hora de ler quixeron poñer a súa pizca de humor nestes tempos tan complexos. Así que decidiron facer unha ronda de chistes en galego. Para iso tiveron que preparalos e buscar vocabulario.Nos encantan estas actividades que favorecen a lectura e a expresión oral. Noraboa rapaces!!!!