lunes, 28 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 de outubro: "Día das Bibliotecas Escolares"

 Este día tan importante no calendario escolar merece unha celebración moi especial e significativa para todos e todas no noso cole, e como non podía ser de outro xeito, celebrámolo facendo actividades ao longo deste semana. Nesta celebración contamos coa presenza de Ledicia Costas e temos que darvos unha gran nova:
   
“LEDICIA COSTAS É A MADRIÑA DA NOSA BIBLIOTECA ”


lunes, 14 de octubre de 2019

DÍA DAS ESCRITORAS 14 DE OUTUBRO

Día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España onde  búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

 A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. Desde  o Frian non quixemos perder a ocasión de visibilizar a obra das escritoras galegas. Por iso ao longo desta semana fixemos exposicións de libros de escritoras galegas e da nosa cidade, escribimos e recitamos fragmentos dos mesmos  e fixemos actividades interniveis entre todo o centro.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra dos traballos que realizamos e dalgúns vídeos do recitado de fragmentos e poemas que traballou o noso alumnado para esta celebración.


Neste día tan importante, Ledicia Costas, a escritora Viguesa por excelencia, agasallounos cunha das súas últimas obras "Conexión Macarrón" que formará parte da nosa biblioteca como un tesouro para nós.

viernes, 11 de octubre de 2019

SONG FOR CLIMATE


This week will be historic. In over 150 countries, people are stepping up to support young climate strikers and demand an end to the age of fossil fuels. The climate crisis won’t wait, so neither will we. 
Pupils in grade 2 Primary sing this song while they were waiting for running the mile.



That's why at our school we woke up and  created some slogans and today Friday 27th we are going to walk the mille as a parade and we are going to join the movement.

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA

A lectura é un pracer pero moito mais se o facemos ao aire libre.Comezamos o curso coa actividade
"Lendo baixo a mesma estrela", disfrutando de todos os espazos abertos que nos ofrece o noso centro, que son moitos.

Lectura Silenciosa












Lecturas en voz alta

Lecturas en parella e pequeno grupo 


Da igual onde, da igual como, da igual con quen.... Sempre é un bo momento para gozar da lectura


viernes, 4 de octubre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS


             Outro ano máis, esta actividade tivo un gran seguimento por parte do alumnado e das familias. Coma en anos anteriores rexistráronse 18 mochilas ( 6 para infantil e 12 para primaria) para que o o alumnado interesado puidera desfrutar delas durante 10 días coas súas familias en casa. Incluíuse dentro das mochilas lectura en galego, en castelán e en inglés, material documental, videográfico, 
musical e lúdico
.







martes, 1 de octubre de 2019

Á CHAMADA DUN PLANETA FERIDO



Nesta semana de setembro,todos os niveis do colexio acudiron á chamada dun "Planeta ferido".Sabemos que este traballo, de coidado do Planeta, non remata hoxe, comtinuaremos...