miércoles, 8 de mayo de 2024

CONTANDO EN FAMILIA

 Na clase de 4 anos os contos e a biblioteca escolar son fundamentais no seu día a día , pero as súas familias tamén saben a importancia dos contos e por iso participan estas semanas na actividade titulada 

"Contos en familia" . As familias veñen a ler a todos un dos seus contos favoritos e despois levan a cabo co grupo unha actividade de animación relacionada coa lectura. 

Grazas a todas as familias participantes!!!









VISITA DE ÉRICA MORÍS

 A autora Érica Moris escritora de libros como " Patio de Luces" visitou o Frian para pasar unha xornada moi especial co alumnado de 4º de primaria que traballou o seu libro de lectura obrigatoria o curso pasado. Unha oportunidade para expoñer tamén todos os seus traballos sobre o libro. 

Grazas Érica por unha visita inolvidable!!!


4º OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS : " COMO PEZ EN EL AGUA" , MARCAPÁXINAS CON FIMO

 Leonor do taller de artesanía " Como pez en el agua" visitounos para levar a cabo o 4º obradoiro de Lectura e familias. Primeiro nos deu a coñecer algúns dos seus libros favoritos para darnos a coñecer a importancia das ilustracións no seu traballo. Despois entre todos elaboramos uns marcapáxinas decorando e pintado cada un libremente e despois engadimos algún detalle con fimo. 

Unhas verdadeiras obras de arte. 









ASPANAEX : UNHA VISITA MOI ESPECIAL

 Sen dúbida a música é un elemento imprescindible na nosa biblioteca e a Educación Inclusiva un dos nosos obxectivos. Por iso a semana pasada  a asociación ASPANAEX de persoas con discapacidade mental visitaron o noso centro para levar a cabo un obradoiro co alumnado de Educación Infantil onde nos presentaron todas as actividades que alí realizan e realizar connosco actividades musicais. 





DEPORTE EN FAMILIA: MOCHILAS VIAXEIRAS DO MES DE ABRIL



 

jueves, 2 de mayo de 2024

CONCURSO OLYMPIC GAMES: MES DE MAIO

  


PREGUNTAS “OLYMPIC GAMES” MES DE MAIO


Ola rapaces e rapazas:

Continuamos completando o rosco do concurso da biblioteca "Olympic Games". Este mes rematamos o concurso atopando a resposta correcta das 3 derradeiras letras do abecedario:

  • W: Un dos deportes de equipo máis antigo nos Xogos Olímpicos modernos. Practícase nunha piscina e gaña o equipo que consiga marcar o maior número de goles na portería do equipo contrario. 

  • X: Inicial do nome dunha deportista española que competiu en natación, na modalidade de augas abertas. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Natación de 2004, na proba de 10 km.

  • Z: Letra na que remata o primeiro apelido do  esquiador alpino, único español que logrou unha medalla de ouro nuns Xogos Olímpicos de Inverno, concretamente, nos Xogos Olímpicos de Sapporo  en Xapón.

Lembrade que podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou responder a través dun comentario a entrada do blog da biblioteca. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso!

Desde o Equipo de Biblioteca dámosvos as grazas por participar ao longo deste curso no rosco do concurso Olimpic Games. Ata sempre!!


miércoles, 1 de mayo de 2024

MAKEY MAKEY: SISTEMA DIGESTIVO 5º PRIMARIA

 O alumnado de 5º de primaria levou a cabo unha actividade para coñecer o aparato digestivo . Crearon unha maqueta do mesmo e despois o traballaron a través da ferramenta Makey Make e dos Scornabots.