Outro ano máis comezamos unha nova andaina coas nosas mochilas viaxeiras. Cheas de novas ilusións, novas actividades e moitas novidades lectoras que sen dúbida van a facer as delicias dos pequenos e tamén das familias.  
Os voluntarios da biblioteca repartiron ,con ilusión polas aulas, as mochilas para aquel alumnado que lle tocaba comezar esta nova viaxe. 
A mochila viaxeira é unha actividade que fomenta a lectura e tamén compartir en familia. Unha  oportunidade  que debemos gozar e ver como un reto e unha aventura lectora.
Boa viaxe das nosas mochilas!!! Boa viaxe coa lectura!!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario